Webinar sobre formulación para unha mellor transición da vaca

Webinar sobre formulación para unha mellor transición da vaca

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (ANEMBE) organiza para o vindeiro mércores, 10 de marzo, un webinar sobre “Formular prestando especial atención a la salud de la vaca, con el fin de conseguir una mejor transición”.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online e terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior. O ponente será Fabio Lima, doutor e profesor de Reprodución e Saúde Gandeira na Facultade de Medicina Veterinaria da Universidade de California, David. O seu programa de investigación tense centrado en desenvolver estratexias para mellorar a saúde, reprodución e produtividade das vacas leiteiras, con estudos sobre o impacto da colina protexida no rume.

Neste sentido, o webinar ofrecerá unha descrición xeral da importancia e as dificultades da fase de transición, antes e despois do parto, e de como optimizar a rendibilidade das vacas.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información