Webinar sobre ferramentas de xestión en granxas de vacún de leite para mellorar a súa rendibilidade

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (ANEMBE) organiza para este mércores, 17 de marzo, un webinar sobre “Ferramentas de soporte á produción leiteira para mellorar o ingreso sobre coste de alimentación e a rendibilidade” nas gandarías de vacún de leite.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online e terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior. O ponente será Víctor Cabrera, profesor asociado e consultor especialista en gando leiteiro no departamento de  DairyScience da Universidade de Madison-Wisconsin (Estados Unidos).

Nesta universidade teñen desenvolto múltiples ferramentas (N>50) de soporte ao manexo e a decisión de produtores gandeiros leiteiros co propósito de axudarlles a mellorar a súa rendibilidade. Todas as ferramentas están dispoñibles no sitio de manexo leiteiro da University of Wisconsin-Madison (https://DairyMGT.info) na sección de ferramentas.

Na presentación, o relator vai explicar o concepto e a utilidade dun grupo seleccionado de ferramentas nas áreas de manexo relacionadas a alimentación, reprodución e usos alternativos de seme, e reposición. A presentación tamén incluirá unha breve sección para discutir os avances dun proxecto chamado “Dairy Brain” que ten como obxectivo automatizar o uso e aplicación das ferramentas discutidas así como tamén o desenvolvemento doutras ferramentas máis sofisticadas que usan datos integrados e métodos de análises avanzadas como intelixencia artificial.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información