Webinar sobre ferramentas de apoio a novos entrantes no sector agrario

O Grupo Operativo Terractiva organiza este xoves un webinar para presentar as ferramentas de apoio a novos entrantes no sector agrario; é dicir, aquelas persoas sen vinculación co sector pero que deciden emprender no agro, unha figura cada vez máis común en Galicia e no resto de Europa e que está a ser apoiada a través da nova PAC.

A Fundación Juana de Vega é unha das entidades socias do Grupo Operativo TERRACTIVA xunto co Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (líder), a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e LaboraTe – Laboratorio do Territorio do Campus Terra USC, a cooperativa Horsal. Colaboran Slow Food Compostela, e tamén a cooperativa Granxas de Lousada s.c. e a empresa hortícola HortaEco.

Para inscribirse no webinar: https://forms.gle/oT7qki1bz55zASCz6

Link a webinar [vía Google Meet]: https://meet.google.com/hbv-bkte-dfi

webinar fonteboa terractiva

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información