Webinar sobre deseño de establos para o muxido con robot

Webinar sobre deseño de establos para o muxido con robot

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España ( ANEMBE) organiza para o vindeiro mércores, 3 de marzo, un webinar sobre «Deseño de establos para o muxido con robot”·.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online polo consultor canadense de gandaría de vacún de leite, Jack Rodenburg, que leva 20 anos de experiencia traballando con rabaños de muxido robótico, asesorando na xestión e o deseño de instalacións.

No seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior.

O muxido robotizado ten o potencial de mellorar a saúde e a produtividade das vacas á vez que reduce o traballo das granxas leiteiras até nun 30% e mellora a calidade de vida dos gandeiros e do persoal asalariado.. Pero moitos rabaños nunca obteñen resultados óptimos, porque os defectos de deseño nas instalacións obstaculizan o bo tráfico de vacas e o muxido frecuente, a comodidade e saúde das vacas e o manexo eficiente das mesmas.

Neste sentido, este webinar identificará os factores clave que fan que sexa un pracer traballar nos establos con robot de muxido, tanto para as persoas como para as vacas.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información