Webinar sobre “Claves para o cumprimento novo Regulamento da UE sobre Produtos Libres de Deforestación”

Unha sesión formativa para profesionais do sector forestal sobre a nova normativa europea

Publicidade
Webinar sobre “Claves para o cumprimento novo Regulamento da UE sobre Produtos Libres de Deforestación”

Imaxe de archivo.

O Sistema PEFC, líder en certificación forestal, axuda ás empresas e profesionais a adaptarse ao novo Regulamento da UE sobre Produtos Libres de Deforestación (EUDR). En relación a isto, PEFC Galicia organiza o webinar formativo “PEFC, o teu aliado no cumprimento do EUDR” o 19 de febreiro de 2025, de 10:00 a 12:00.

A sesión está dirixida a profesionais e traballadores de empresas con certificación de Cadea de Custodia PEFC, así como a membros da industria forestal e da madeira, consultores, enxeñeiros e propietarios forestais.

PEFC e o seu apoio ao cumprimento do EUDR

O Sistema PEFC reafirma o seu compromiso co Regulamento EUDR, que busca frear a deforestación e a degradación forestal vinculadas á produción de materias primas. Para facilitar o cumprimento desta normativa, PEFC ofrece un módulo normativo voluntario reforzando así a Dilixencia Debida das empresas na xestión dos seus produtos.

As normas PEFC xa cumpren gran parte dos requisitos do EUDR, garantindo a legalidade e sustentabilidade na xestión forestal. Agora, permiten ás empresas certificadas implementar eficazmente esta normativa e dispoñer dunha solución práctica para demostrar o seu cumprimento.

O EUDR: Un reto clave para o sector

O Regulamento EUDR esixe que materias primas como madeira, papel, cacao, soia, aceite de palma ou carne de vacún sexan legais e libres de deforestación, sen proceder de terreos desforestados ou degradados desde o 31 de decembro de 2020.

A certificación PEFC garante que os produtos forestais cumpren con estes criterios, asegurando a súa orixe sustentable e a supervisión mediante verificación independente.

Programa do webinar

Durante a xornada, diferentes expertos compartirán os seus coñecementos sobre a aplicación práctica do EUDR no sector forestal. Ao finalizar, abrirase un espazo para a resolución de dúbidas e intercambio de ideas.

O webinar é gratuíto e con prazas limitadas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte formulario ou a través do email galicia@pefc.es ou no teléfono 981 523 637. O programa é o seguinte:

PEFC EUDR programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información