FSC España organiza o vindeiro martes, 22 de setembro, un webinar gratuíto sobre “Certificación FSC ampliada a produtos forestais non madeirables e servizos dos ecosistemas”.
Trátase dun novo taller en liña gratuíto, segundo dunha serie de actividades formativas e de divulgación baixo a lema “Galicia ten boa madeira” que desenvolven para difundir a xestión forestal sustentable no país.
Nesta ocasión preséntase a nova ferramenta de FSC para crear incentivos para a protección dos servizos dos ecosistemas forestais e a posibilidade de certificar de maneira conxunta á xestión forestal as producións non madeirables do bosque.
Programa:
10:00 h.- Benvida. Obxectivos do webinar e introdución aos servizos do ecosistema FSC. Silvia Martínez, directora técnica e Marcos Estévez, xestor de proxectos de FSC España
10:10 h.- Verificar e comunicar os impactos dos servizos do ecosistema segundo o procedemento de FSC (teoría do cambio e 7 pasos). Segundo Rodríguez, técnico de proxectos de FSC España
10:30 h.- Patrocinios e mercado. Marcos Estévez
10:40 h.- Produtos forestais non madeirables (carne de gandería extensiva, castaña, mel, resina, etc.). Segundo Rodríguez
11:00 h.-Exemplo de certificación de servizos do ecosistema e PFNM. Enxeñería Forestal ASEFOR (Biodiversidade non MVMC de Rogueira e Cabanas (Folgoso de Caurel) / CMVMC Meira (Moaña)
11:30 h.- Coloquio (preguntas, suxestións, etc.)
12:00 h.- Despedida
Os servizos do ecosistema que inclúe a certificación FSC son: secuestro e almacenamento de carbono, conservación da biodiversidade, servizos das concas hidrográficas, conservación do chan e servizos recreativos.
As producións non maderables integradas na xestión forestal son: cortiza, mel e derivados, gandaría en extensivo, caza, cogomelos, pastos e froitos.
Esta acción formativa gratuíta está financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)