Este mércores, 25 de xuño, celébrase o primeiro webinar sobre o cultivo da pataca centrado na campaña 2025.
A xornada, organizada polo grupo “La papa y su mundo”, é de asistencia gratuíta e celebrarase ás 19:00 horas. As persoas interesadas en participar deben enviar unha mensaxe ao 649 00 44 58.
No evento intervirán José Pelárez, de Patatas Arrebola; Paco Moya, de Vitalis -EUROPATAT e Alfonso Sáez de Cámara, de UDAPA e FEPEX.