FSC España e SUST4IN reúnen a actores interesados nos mercados voluntarios de carbono do sector forestal no webinar “Investimentos no sector forestal e cambio climático”, que se celebrará o vindeiro martes.
O obxectivo é presentar a certificación dos servizos dos ecosistemas conforme aos estándares de FSC como unha contribución crible e recoñecida na loita contra o cambio climático e o panorama actual dos investimentos sustentables e oportunidades no sector forestal.
FSC presentará ademais casos prácticos de secuestro de carbono forestal en Suíza e Alemaña, os seus modelos organizativos e mecanismos para comercializar os dereitos de emisión de carbono forestal nos mercados voluntarios.
Programa:
10.00 a 10.30 h. Gonzalo Anguita, director executivo de FSC España: “Comprometidos coa biodiversidade. Certificación da cadea de subministración e dos servizos dos ecosistemas”:
-Que é FSC?
-Servizos dos ecosistemas. Caso de Biesca (Asturias)
-Descarbonización: FSC como ferramenta para a mitigación e adaptación fronte ao cambio climático
10.30- 11.00 h. Marcio Viegas, fundador e director xeral de SUST4IN: “O crecemento das finanzas sustentables e as oportunidades no sector forestal”
-Que son as finanzas sustentables e por que crecen?
– Actores, iniciativas e instrumentos financeiros máis importantes
-Oportunidades e riscos en sector forestal: investimentos, cambio climático e transición xusta
-Tendencias
11.00 -11.30 h. Hubertus Schmidtke, director executivo de FSC Suíza e de SilvaConsult: “Proxectos de secuestro de carbono forestal en Suíza e Alemaña”
-Mercados de carbono. Mercados regulados e voluntarios
-Credibilidade. Normas e métodos aceptados: Metodoloxía de contabilidade de carbono (ISO 14064-2). Adicionalidade, permanencia, control, precisión, e certificación externa
-Tipos de proxectos: Reservas naturais forestais e bosques xestionados
-Casos de proxectos:
Reserva Natural do Bosque de Hohgant-Goldbach, 27 hectáreas
Reserva Natural do Bosque de Grüenenpass, 600 hectáreas
Bucheggerg, bosque xestionado, 1.300 hectáreas
Prättigau, bosque xestionado, 10.000 hectáreas
Como organizar os proxectos?
Mercadotecnia e vendas
Modelo de negocio: a oferta e a demanda, custos e ingresos
11.30 a 12.00 h. Debate con intervencións de asistentes á xornada