Webinar gratuíto o próximo 30 de maio: ‘Tractores e o futuro’

O próximo luns 30 de maio, ás 18:30, terá lugar o webinar gratuíto “Tractores e o futuro”, organizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España.

O responsable do relatorio será un gran experto nesta maquinaria, Marcos Vázquez Marey, presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e xerente e impulsor de o Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA).

Durante unha hora debullaranse aspectos importantes da mecanización no campo, centrada nos tractores. Temas a tratar:

-Contextualización histórica e situación actual.
-Alternativas posibles.
-Reflexións sobre enerxía consumida na produción de tractores.
-Equilibrio ‘terra e xente’ ou ‘campo e automatización’.
-Conclusións e debate.

Para inscribirse no webinar gratuíto ‘Tractores e o futuro’ é necesario realizar completar este formulario online, xa que as prazas están limitadas, por estrita orde de inscrición, con preferencia para Enxeñeiros Técnicos Agrícolas colexiados. As inscricións permanecerán abertas até o domingo 29 de maio.

PROGRAMA WEBINAR TRACTORES Y FUTURO_CGCOITAE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información