Webinar de FSC sobre xestión forestal e conservación da biodiversidade

Webinar de FSC sobre xestión forestal e conservación da biodiversidade

FSC España organiza para este martes 15 de setembro un webinar técnico e gratuíto sobre “Xestión forestal e conservación da biodiversidade FSC® (Indicador 6.5.4)”. É a primeira dunha serie de actividades formativas e de divulgación que vai desenvolver en Galicia para difundir a xestión forestal sustentable.

Será un obradoiro práctico no que se presentarán os conceptos de rede de áreas de conservación e as de áreas representativas incorporadas no novo estándar nacional de xestión forestal FSC, onde se debaterá sobre a súa implementación sobre o terreo.

Temática a tratar:

-Definición de áreas de mostra representativa

-Definición de rede de áreas de conservación

-Diagrama conceptual da rede de áreas de conservación

-Indicador 6.5.4 e o seu cumprimento (exemplos)

-Interpretacións do marco normativo

-Segundo borrador do estándar FSC para grupos de xestión forestal

Taller formativo, dinámico e participativo: Nel exporanse os contidos a tratar e exemplos prácticos, con posibilidade de que os participantes poidan participar activamente expondo as súas dúbidas, experiencias e comentarios.

Colectivos destinatarios da acción: xestores, consultores e industria forestal involucrados en certificación FSC de xestión forestal, así como entidades de certificación acreditadas por ASI.

Rexistro previo: Premendo nesta ligazón. O número máximo de prazas é de 25. Confirmarase inscrición e enviará ligazón de acceso á sesión en Zoom por correo electrónico.

Este webinar conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) e está financiado por Xera, a Axencia Galega da Industria Forestal

Inscríbete gratis enchendo este formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdi1ENe1b7efcw5hwdTALz4dblgme2-4Sy1bvJMOz9oHIskKQ/viewform

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información