Webinar: Como adaptar a xestión dos bosques e a industria forestal ao cambio climático 

O cambio climático é un feito incuestionable cada vez máis xeneralizado e intenso. Os bosques son os primeiros ecosistemas que empezan a sufrilo. Urxe adaptarse canto antes a esas modificacións que alterarán distribucións e producións, afectando tanto á xestión forestal como á súa industria.

FSC España está a avaliar eses efectos, co apoio científico e técnico de expertos das universidades de Alcalá e Vigo. Para compartir os primeiros resultados destas investigacións convidan ao webinar “Técnicas de adaptación ao cambio climático na xestión forestal e a industria da madeira FSC®”.

Será este xoves 18 de febreiro de 2021, ás 11:00 horas.

Programa:

11:00 h. Introdución ao proxecto, obxectivos (FSC España)

11:10 h. Modelización produción forestal (Pinus pinaster e Pinus sylvestris) para cada escenario da AEMET (Universidade de Alcalá)

11:30 h. Análise de riscos asociados no sector da industria da madeira e medidas de adaptación (Universidade de Vigo)

11:50 h. Que pode facer a industria para adaptarse a situacións cambiantes derivadas dos efectos do cambio climático nas nosas masas forestais? Conclusións (FSC España)

12:00 h. Preguntas

Evento aberto a socios e partes interesadas, que desenvolveremos en liña vía Zoom.

Inscrición gratuíta a través desta ligazón

O proxecto “Técnicas de adaptación ao cambio climático na xestión forestal e a industria da madeira FSC” contou co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Máis información sobre o proxecto e as súas conclusións nesta páxina

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información