Volven en marzo as poxas de gando frisón na provincia da Coruña

Volven en marzo as poxas de gando frisón na provincia da Coruña

Poxa en Santa Comba

A Asociación Provincial de Control Leiteiro (AFRICOR) da provincia da Coruña recupera as poxas de gando, suspendidas dende abril de 2020 pola pandemia da Covid19.

Estas son as próximas poxas de gando frisón organizadas pola asociación:

– Poxa no Recinto Feiral de SANTA COMBA, o domingo 6 de marzo.

– Poxa no Recinto Feiral de Mesón do Vento – ORDES, o domingo 13 de marzo.

– Poxa en BOIMORTO no marco da Feira de MAGRECO, o domingo 27 de marzo.

Todo asociado ao control leiteiro da provincia de A Coruña que estea interesado en anotar animais poñase en contacto con Africor.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información