Volve a Festa do Queixo de San Simón da Costa esta fin de semana en Vilalba

SAN_SIMON_QUEIXOEste fin de semana, 2 e 3 de abril, celébrase na localidade lucense de Vilalba a xa tradicional Festa do Queixo de San Simón da Costa. Co apoio do Concello e de Caixa Rural Galega, vólvese celebrar de maneira presencial despois de dous anos de parón debido á pandemia do Covid19.

A programación da festa, ademais de incluír 12 postos de venda na Praza da Constitución, inclúe varias actividades paralelas, tanto lúdicas como gastronómicas.

SÁBADO 2 DE ABRIL

12.30 horas. Showcooking do cociñeiro de «Estache Bo», do programa da TVG, Xoanqui Ameixeiras, no que fará tres propostas elaboradas con queixo San Simón da Costa e posterior degustación. Haberá 50 prazas para persoas sentadas, ademais do resto da xente que queira participar de pé ao redor.

16.30 horas. Obradoiro infantil de elaboración de queixo de forma tradicional. O aforamento roldará as 25 prazas aproximadamente e será por estrita orde de chegada. O obradoiro contará con todo o material necesario e cada neno poderá levar á súa casa o seu propio queixo.

18.00 horas. Animación na rúa a cargo da banda de gaitas Mato Vizoso.

19.00 horas.  No fornelo pregón de Francisco Sineiro, que foi profesor de Economía Agraria na Escola Superior de Enxeñería de Lugo, conselleiro de Agricultura e investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

21.00 horas. Concerto de Mercedes Peón no Auditorio.

DOMINGO 3 DE ABRIL

11.00 horas. Pasacalles a cargo de Buxos Verdes.

11.00 horas. Durante toda a mañá haberá unha foodtruck situada no centro da carpa que repartirá de forma gratuíta tres variedades de tapas elaboradas por chefs profesionais e que teñen como ingrediente estrela o queixo San Simón da Costa.

13.00 horas.  Actuación de Os Festicultores.

Máis información

cartel 2022 2 san simon WEB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información