Volve a Feira do Viño do Ribeiro do 29 de abril ao 1 de maio

Publicidade
Volve a Feira do Viño do Ribeiro do 29 de abril ao 1 de maio

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) comunica que a presente edición (que será a 59ª) terá como data de celebración do evento os días 29 e 30 de abril e o día 1 de maio de 2022, volverá ao seu formato de sempre no recinto da Alameda de Ribadavia, e tamén as súas datas de sempre.

Este pasado xoves tivo lugar a primeira xuntanza con adegas e colleiteiros no Concello de Ribadavia, a quen se lles trasladou o formato, datas e prazos para esta nova edición da Feira do Viño do Ribeiro, así como a apertura do prazo de inscrición para adegas e colleiteiros ata o vindeiro xoves 10 de marzo ás 14.00 h.

A previsión de participación é moi positiva para esta edición, despois de dous anos sen poderse celebrar a causa da pandemia. Así, nin en 2020 nin en 2021 foi posible a celebración da Feira do Viño do Ribeiro de forma presencial e aberta. Nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento, así como o cartel.

Mentres tanto, poderase seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na web www.feiravinoribeiro.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información