A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A Volta en Verde, o ciclismo solidario de Caixa Rural

O equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA e os seus patrocinadores principais únense para desenvolver unha volta ciclista sostible co gallo do paso por Galicia da Volta a España

A Volta en Verde, o ciclismo solidario de Caixa Rural

Imaxe do equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA

A Volta a España volve pasar por Galicia e Caixa Rural Galega quere aproveitar a ocasión para volver realizar unha acción solidaria xunto ao equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA. Trátase da Volta en Verde, unha volta alternativa a iniciativa do equipo ciclista e o Grupo Caja Rural co mesmo mapa de etapas que a Volta a España. En cada etapa lánzase este reto dixital desde as redes sociais do Team Caja Rural-Seguros RGA que se transformará en 2.000€ se se conseguen 1.000 likes nas súas publicacións en Facebook, Instagran e Twitter.

Co gallo das próximas etapas con final en Monforte de Lemos, Mos e Santiago de Compostela, Caixa Rural Galega convida os afeccionados a colaborar con esta iniciativa simplemente accedendo ás publicacións do equipo ciclista nas súas redes que presentan cada reto e picar no like para así conseguir unha doazón de 2.000€ para a Asociación PRODEME, A Fundación Amigos de Galicia e a Cociña Económica de Santiago de Compostela respectivamente. En todos os casos as doazóns faranse para proxectos de carácter social e local.

Ademais, en cada etapa sortearase unha caixa de experiencias Smartbox entre todas as persoas que colaborasen co reto achegando a súa interacción en redes sociais e que, ademais, mencionasen a un amigo en comentarios. Ao final da Volta en Verde haberá un sorteo entre todas as persoas que participasen nos retos de cada unha das etapas e o gañador levará unha caixa de experiencias Smartbox “‘3 días de ilusión”.

Cartaz da acción promovida por Caixa Rural Galega

Cartaz da acción promovida por Caixa Rural Galega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *