
A empresa lucense Ecogal estará no stand D10 de Gandagro
A empresa lucense de enerxías renovables Ecogal estará presente en Gandagro 2025, a feira de referencia para o sector agrogandeiro, que se celebrará do 20 ao 22 deste mes no recinto feiral de Silleda.
Expositor habitual nesta feira na que se exporán as últimas novidades en agricultura, gandería e maquinaria, o stand de Ecogal (D10), ubicado no pasillo central (rúa D do pavillón II), será o punto neurálxico para coñecer os adiantos en ámbitos como enerxía fotovoltaica, aerotermia e xeotermia.
As solucións que ofrece Ecogal adáptanse ás distintas necesidades dos seus clientes, coas últimas tecnoloxías dispoñibles tanto para granxas como para uso residencial e industrial (concesionarios de maquinaria, almacéns de penso ou outro tipo de empresas relacionadas co sector primario).
Ecogal convida a visitar o seu stand para coñecer os últimos adiantos en enerxía fotovoltaica, aerotermia e xeotermia
Nos 110 metros cadrados que ocupará o stand de Ecogal haberá expostos paneis solares, inversores ou cargadores de vehículos eléctricos como os 18 que a empresa vén de instalar para a Deputación de Pontevedra en distintas dependencias e servizos da institución provincial, entre eles a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e a Finca Mouriscade.
Proxectos chave en man
Son moitas as vantaxes de apostar polas enerxías renovables e o aforro enerxético nas explotacións agrogandeiras, o que supón unha redución de gastos, maior protección ante incrementos de custos e unha mellora da rendibilidade económica das ganderías.
Ecogal presta servizo de mantemento integral das instalacións aos clientes que o desexen
Co ánimo de prestar un servizo integral aos seus clientes, Ecogal ofrece instalacións chave en man, na que se encarga de lograr os permisos e licenzas necesarios diante de Administracións como Concellos, Confederación Hidrográfica ou Augas de Galicia; de tramitar as correspondentes axudas diante do INEGA (Xunta de Galicia) e outros organismos; de negociar coas compañías distribuidoras; así como da propia obra de instalación e do seu mantemento posterior aos clientes que así o desexen.
A experiencia e fiabilidade dunha empresa líder

Un total de 17 persoas integran o equipo técnico de Ecogal neste momento
Ecogal ten 20 anos de experiencia no sector das enerxías renovables e é a empresa que máis instalacións realiza en granxas en Galicia, onde conta entre os seus clientes máis de 650 explotacións, tanto de vacún como de porcino e avicultura.
Entre os proxectos levados a cabo están desde instalacións fotovoltaicas en explotacións leiteiras, tanto conectadas á rede como illadas, así como en naves de porcino e granxas de polos, pavos, e galiñas poñedoras.
Nestes 20 anos Ecogal suma máis de 650 instalacións realizadas en granxas de vacún, porcino e avicultura
A empresa lucense conta con 17 persoas en plantilla, un cadro de persoal cunha ampla experiencia e formación técnica que cubre calquera necesidade dos seus clientes e supón unha garantía á hora de iniciar un proxecto de mellora enerxética.
Este ano agárdanse de novo importantes subvencións para enerxías renovables, debido á aposta que a UE está a facer pola descarbonización da economía a través dos Fondos Next Generation. Así, a nova convocatoria de axudas que se prevé que estean xa dispoñibles a partir do mes de marzo chegan a cubrir entre o 30 e o 50% do investimento realizado.
As axudas dispoñibles neste momento poden chegar a cubrir o 50% do custo da instalación
Ademáis, “a partir de 2026, todas as empresas, incluídas as explotacións agrogandeiras, van pagar pola pegada de carbono que xeren”, advirten desde a compañía lucense, que animan ás granxas a aproveitar estes dous anos para incorporar fontes de enerxía renovables que lles permitan reducir o seu cómputo de emisións.
Nova solución en climatización mediante autoconsumo fotovoltaico
Entre as novidades que se presentarán da man de Ecogal na feira Gandagro estará un novo sistema autónomo de climatización mediante a utilización de enerxía fotovoltaica. De fabricación española, permite un aforro considerable na factura da luz en granxas avícolas ou de porcino que precisan o mantemento dunha temperatura estable nas súas naves.
O novo sistema de climatización ten tamén aplicacións noutros sectores, como é por exemplo o de oficinas ou hoteis, reducindo a factura eléctrica derivada do uso de outras fontes enerxéticas como pode ser a aerotermia. Ecogal leva a representación deste novo produto, que optará ao premio de innovación da feira Gandagro.
O novo sistema, de fabricación española, optará ao premio de innovación da feira
O innovador equipo Solar Heat PR5 é un sistema de autoconsumo térmico que produce auga quente directamente a partir de enerxía fotovoltaica, transformando a enerxía fotovoltaica en quilovatios térmicos, o que lle permite xerar un sistema de autoconsumo térmico. É dicir, non se conecta á rede eléctrica, senón que utiliza fontes de enerxía 100% renovables de forma directa.
Auga quente de balde durante 25 anos
Ademais, o equipo PR5 transforma os custos variables da enerxía en custos enerxéticos fixos durante os 25 anos de vida útil do equipo. É dicir, a enerxía que utiliza é gratuíta porque se produce empregando recursos naturais como o sol, polo que o único custo fixo que ten é o investimento inicial para instalar o sistema.
Polo tanto, a diferenza doutros sistemas de produción de auga quente, non está suxeito ás fluctuacións de prezos do mercado enerxético, o que reduce os custos enerxéticos das empresas de forma moi considerable.
Tecnoloxía intelixente
En canto ás súas características técnicas, o equipo PR5 está dispoñible en dous rangos de potencia, de 80 e 100 kW. Así mesmo, é un sistema que pode quentar a auga ata 92º C, cando o habitual é que os equipos convencionais de produción de enerxía cheguen, como máximo, ata 60º C.
A innovación e a tecnoloxía tamén están moi presentes no PR5. É un equipo intelixente que conta con diversos sensores cos que é capaz de autorregularse para optimizar a enerxía ao máximo. Ademais, permite realizar unha monitorización en remoto a tempo real, de forma que é posible resolver calquera incidencia en poucos minutos.