Visita ó centro de transformación de produtos cárnicos de Baroña

A deputada provincial Rosa Ana García amosou o interese da Deputación da Coruña nesta iniciativa que busca fortalecer o tecido produtivo local

Visita ó centro de transformación de produtos cárnicos de Baroña

Unha representación da Deputación da Coruña visitou o novo centro de transformación de produtos cárnicos vinculado á comunidade de Montes de Baroña, situado en Porto do Son. Con este espazo continúase cunha tradición gandeira que se distingue pola súa produción en extensivo, garantindo unha materia prima de calidade.

Nos montes de Baroña conviven cabalos de pura raza galega, cabras, ovellas e vacas que contribúen á produción cárnica e á xestión da biomasa forestal. Ademais, contan con 30 colmeas e 100 hectáreas rexistradas de couto micolóxico, o que axuda á biodiversidade do monte.

O novo centro de transformación dará servizo non só á comunidade de Baroña, senón tamén ás comunidades veciñais do Barbanza e a outros pequenos produtores da comarca. Este centro ofrecerá talleres formativos, promovendo redes colaborativas entre produtores e colectivos da zona.

A deputada provincial de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, amosou o interese da Deputación da Coruña nesta esta iniciativa, “que busca fortalecer o tecido produtivo local, valorizar os recursos naturais e impulsar a economía rural de maneira sostible”.

A CMVMC de Baroña pon o seu centro de transformación a disposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para a súa posta en marcha. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, ademais doutras entidades académicas e sociais.

O proxecto ten como obxectivo impulsar un modelo multifuncional nos montes do Barbanza, fomentando a transición cara a un territorio máis sustentable e preparado para afrontar os incendios forestais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información