A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou o cebadeiro Inaga, na localidade da Mezquita, no oriente ourensán. Gómez lembrou que esta empresa leva 25 anos na IXP Ternera Gallega e que a día de hoxe continúa apostando por unha produción de calidade amparada por este distintivo.
Ao tempo, Gómez subliñou que Inaga traballa desenvolvendo unha estrutura propia de integración e coordinación da produción, apostando por un modelo baseado na colaboración con explotacións gandeiras e cebadeiros integrados.
Situación de mercado con baixada de prezos
Sobre a actual situación de mercado do vacún de carne, que arrastra unha tendencia á baixa nos prezos, a conselleira destacou que a súa Consellería “permanece vixilante”. En todo caso, puntualizou que cómpre ter en conta que os prezos en orixe descenderon respecto dos máximos históricos acadados a principios deste 2026, pero que seguen sendo superiores aos do ano pasado por estas datas.
Por último, a conselleira insistiu en que lle corresponde ó Goberno de España actuar “de forma contundente” para que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria e se garanta que se cubran os custos de produción das ganderías.
Segundo Gómez, tamén é imprescindible que se establezan mecanismos máis áxiles de control de distorsións do mercado interior español que poidan causar as importacións desde Mercosur ou outros países.
Galego









Control OJD