A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou as instalacións da empresa Queserías Entrepinares en Vilalba, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño.
Durante a visita, María José Gómez puxo en valor a contribución desta empresa ao sector lácteo galego, xa que emprega leite de vaca recollido na comunidade para a súa transformación. A conselleira destacou a importancia de que a empresa decidira apostar por Galicia para instalar un dos seus centros de produción.
Ademais, subliñou o compromiso de Queserías Entrepinares cos gandeiros galegos, garantindo un prezo xusto polo leite que producen, acorde cos niveis do resto do Estado.
Durante o percorrido pola planta, Gómez coñeceu de primeira man o funcionamento da empresa e as últimas melloras implementadas nas instalacións. Tamén analizou as liñas estratéxicas de futuro da compañía.
María José Gómez salientou o peso do sector lácteo en Galicia, que produce o 42% do leite de España e é unha das principais rexións leiteiras de Europa. En relación coa política autonómica, destacou a Estratexia de dinamización do sector lácteo, que busca aumentar a industrialización do leite producido en Galicia, cun obxectivo do 75% transformado en 2025.
Queserías Entrepinares transforma máis do 7% do leite galego, xerando valor engadido e situando os seus produtos en todo o mercado nacional. A empresa contou en varias ocasións co respaldo do Goberno autonómico nos seus investimentos.
Galego










Control OJD