Visita da conselleira de Medio Rural ás instalacións do Centro de Sementes Forestais de Galicia

Publicidade

Carballo. A Coruña A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitan o Centro de Sementes Forestais de Galicia 05/02/2025 Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña 

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe o Centro de Sementes Forestais de Galicia (SEMFOR), situado en Carballo, para poñer en valor a labor que realiza esta entidade na subministración de semente de calidade destinada á forestación de Galicia. Durante o percorrido polas instalacións, a conselleira estivo acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asi como polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

María José Gómez salientou que SEMFOR é unha entidade de referencia no sector, que subministra a súa produción cun prezo público aos viveiros forestais rexistrados, ademais de destinar pequenas cantidades de semente para proxectos de rexeneración, educación forestal, investigación e divulgación.

Neste sentido, María José Gómez subliñou a importancia da produción de semente forestal para a execución das actuais políticas de forestación da Xunta, que destinou preto de 41 millóns de euros entre 2016 e 2024 para fomentar a creación de superficies arboradas en Galicia. Grazas a estas achegas, plantáronse xa máis de 21,3 millóns de árbores e está previsto que ao longo de 2025 se remate a plantación de máis de dous millóns de exemplares adicionais coas axudas da convocatoria de 2024.

A conselleira destacou que a última convocatoria destas subvencións aprobáronse 152 expedientes para actuar en algo máis de 2.000 hectáreas cun investimento que supera os 5,23 millóns de euros, despois da súa ampliación orzamentaria. O 77% das solicitudes aprobadas corresponden a comunidades de montes veciñais en man común, mentres que o resto foron presentadas por particulares (14,5%) e agrupacións forestais (8%).

Tanto as axudas a forestación como a actividade de SEMFOR enmárcanse na primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, “Cara a neutralidade carbónica” promovendo unha xestión sostible e equilibrada do monte galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información