Vintetrés adegas participaron na cata dos viños de Valdeorras deste ano

Oito catadores especializados degustaron 28 referencias de brancos e 29 de tintos. O evento substitúe á Feira do Viño que se celebra na comarca e que este ano non se puido facer por mor da Covid-19

Publicidade
Cata celebrada este venres na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín

Cata celebrada este venres na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín

Oito catadores especializados degustaron este venres nas instalacións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras un total de 28 referencias de brancos e 29 de tintos da comarca. Fixérono no marco da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, que este ano “decidiuse abrir a todas as adegas da comarca”, tal e como destacou José Luis García Pando, presidente do organismo promotor da iniciativa.

“A cata oficial cobra este ano especial protagonismo, en tanto en canto suporá un escaparate promocional para os nosos brancos e tintos en substitución da tradicional Feira do Viño, que tivo que ser cancelada como medida preventiva fronte á Covid-19”, afirma García Pando.

Por iso, a cata, que tradicionalmente só ía dirixida a aquelas adegas que participaban na feira con espazo expositor propio, abriuse desta vez a todas as adegas da Denominación de Orixe e 23 delas remitiron mostras para seren avaliadas.

Entrega de premios

A XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras porá en valor os mellores brancos e tintos da zona no marco dun acto público de entrega de premios que se celebrará o vindeiro 31 de xullo na comarca. Distinguiranse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos e haberá unha mención especial para brancos e outra para tintos doutras añadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información