Viños gañadores na cata oficial da Festa do Amandi 2026

Un xurado profesional elixiu 7 viños pertencentes ás 22 adegas participantes na edición deste ano da feira de Sober

Publicidade
Adegas premiadas na Feira do Viño de Amandi 2026

Entrega de agasallos ás adegas premiadas na Feira do Viño de Amandi 2026

A XLVI Feira do Viño de Amandi, que tivo lugar na última fin de semana de marzo tras un mes repleto de actividades, reuniu un total de 22 adegas. Cun xurado profesional integrado por enólogos e sumiliers, celebrouse una precata e unha cata final dos viños expostos na Feira.

Entregárinse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2025, un premio para viños brancos da anada de 2025, un premio para viños rosados da anada 2025, un premio para viños tintos de anadas anteriores a 2025 e un premio para viños envellecidos en barrica.

Os viños gañadores desta edición foron:

Tinto xoven (son os tres gañadores):

  • Cruceiro Mencía 2025 de Adega Cruceiro
  • Don Bernardino Mencía 2025 de Adega Don Bernardino
  • Romeo Domain 2025 de Adega Gullufre

Mellor branco xoven:

  • Cruceiro Rexio Godello 25 de Adega Cruceiro

Mellor rosado xoven:

  • Priscillus Rosado 2025 de Adega A Man de Prado

Mellor tinto barrica:

  • Adega Parcela Carballo Cobo 2021 de Adega Algueira

Mellor viño doutras colleitas:

  • Cividade Mencía 2024 de Adega Cividade

Todos eles levaron un diploma e unha peza de Gundivós, entregada no día grande da Feira do Viño de Amandi.

Pregoeiro con estrela Michelín

O chef Rafa Centeno, xunto ao alcalde de Sober, José Luis Guitián

O chef Rafa Centeno, xunto ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián

O chef do Restaurante Vértigo, Rafa Centeno, gañador da única Estrella Michelin da provincia de Lugo, foi o encargado de pronunciar o pregón da XLVI Feira do Viño de Amandi, reivindicando estes viños “como unha maneira de vivir e de entender o mundo”.

O cociñeiro recoñeceuse emocionado por ser elixido para pronunciar o pregón e asegurou aos produtores que na mesa nunca está só, “porque sempre hai algo que acompaña, que eleva, que fala, e ese algo son os vosos viños”.

Uns viños que asegurou, “falan de tradición, de historia, de cultura, de identidade e dunha maneira de vivir e entender o mundo”. “É por iso que alá onde van sorprenden, emocionan, deixan pegada”, destacou.

Colleita curta en cantidade pero sobresaínte en calidade

Pola súa banda, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, tivo palabras de recoñecemento para o pregoeiro desta edición, o chef Rafa Centeno, de quen destacou o seu vínculo co municipio, sinalando que é “noso con maiúsculas” pola súa relación con Sober e polo logro de ter conseguido a primeira Estrella Michelin para a provincia de Lugo.

No seu discurso agradeceu tamén a asistencia de quen se achega cada ano á Feira do Viño de Amandi e o esforzo de todos os que fan posible esta celebración.

“Estamos aquí, un ano máis, para degustar a última colleita, máis curta do habitual en cantidade pero sobresaínte en calidade. E con esta feira queremos que a nova colleita sexa tamén frutífera en amizades e, como non, en recompensas ao esforzo de todo un ano”, sinalou.

Candidatura a Patrimonio da Humanidade

O rexedor referiuse tamén á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade: “En catro meses o Comité de Patrimonio Mundial da Unesco decidirá se a Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade. Vai selo”.

“É o resultado dun traballo magnífico elaborado pola Consellería de Cultura a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e avalado polo Ministerio de Cultura e pola embaixada de España ante a Unesco”, destacou, subliñando ademais que se trata “da única candidatura que presenta España nos últimos tres anos”.

En catro meses o Comité de Patrimonio Mundial da Unesco decidirá se a Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade

Fernández Guitián lembrou tamén que é “unha candidatura de todas e todos” e puxo en valor “o traballo secular dos viticultores e adegueiros de Amandi e de toda a Ribeira Sacra no mantemento desta paisaxe de soño”.

O Concello homenaxeado este ano foi o de Ribas de Sil. O seu alcalde, Roberto Castro, recibiu un agasallo institucional de mans do rexedor soberino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información