Viños galegos premiados no Concurso Internacional VinDuero-VinDouro

5 adegas obtiveron o Arribe de Ouro, catro na categoría de brancos e unha na de tintos

Publicidade

vinduero vindouroOs viños galegos lograron cinco galardóns no prestixioso Concurso Internacional de Viños VinDuero-VinDouro, que en 2025 celebrou a súa XXI edición.

O certame otorgou catro Arribes de Ouro aos viños de Galicia, catro deles na categoría de Viños Brancos sen Crianza e un na sección de Tintos sen Crianza.

Estos son os viños galardonados con Arribe de Ouro:

D´Berna Godello 2024, de Bodega Guitián y Blanco, con 90 puntos (D.O. Valdeorras)
Cepado Godello 2024, de Adega O Cepado, con 90 puntos. (D.O. Valdeorras)
Sampayolo Garnacha Tintorera 2024, de Bodegas Sampayolo, con 90 puntos. (D.O. Valdeorras)
Galván 2024, de Adegas Daniel Fernández-Alba Albar S.L., con 91,05 puntos (D.O. Monterrei).
Finca Barrela/Condado Do Tea 2024, da adega Abadía de Tororeos, con 90 puntos. (D.O. Rías Baixas)

Certame Internacional

Os Premios VinDuero-VinDouro son un importante e consolidado certame internacional de viños de España e Portugal que naceu no ano 2005 e se convertiu en todo un referente no territorio ibérico. O concurso rinde homenaxe ao viño como un valioso e representativo produto da diversidade cultural e patrimonial de ámbolos dous lados da fronteira.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información