Viños galegos premiados no concurso internacional “Challenge du Vin” 2025

Publicidade

Challenge2017-158_cataOs viños galegos recibiron nove medallas de ouro e unha de prata no concurso internacional Challenge International du Vin 2025, un evento celebrado no Palacio de Congresos de Bordeus (Francia) o venres e sábado da pasada semana.

En concreto, seis medallas de ouro recaeron nos viños brancos Adega do Moucho 2021, Cunqueiro III Milenium 2023, Cuñas Davia A Xiada 2024, Juan Míguez Godello 2024, Maleiga Intre 2023 e Pazo Tizón branco 2023. Doutra banda, a medalla de prata foi para Laudes 2023. Todos eles amparados pola Denominación de Orixe Ribeiro.

Ademais, tres viños da DO. Rías Baixas foron distinguidos con medalla de ouro: Val do Sosego 2024; Terras de Compostela 2023 e Alma de Compostela 2022.

Challenge International du Vin

O Challenge du Vin, celebrou a súa 49ª edición e é o concurso internacional de viños e augardentes máis antigo organizado en Francia e esta edición reuniu a 500 catadores de máis de 20 nacionalidades para analizar un total de 3.000 mostras. Esta competición, organízase en forma de cata a cegas (sen coñecer a marca) coa particularidade de que cada xurado de catadores está composto por catro membros: un técnico, un produtor, un distribuidor e un consumidor experto, deste xeito, os viños premiados son a expresión do gusto do consumidor.

Consulta aquí o palmarés

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información