Viños da DO. Rías Baixas distinguidos na Cata das Anadas

Publicidade
Viños da DO. Rías Baixas distinguidos na Cata das Anadas

A Denominación de Orixe Rías Baixas revela cales son os viños destacados na VIII Cata de las Añadas. Un total de 79 marcas pertencentes a 32 adegas foron distinguidas con estas distincións bianuais. 14 viños recibiron o diploma Gran Colleita de Ouro, que implica unha puntuación superior a 92 puntos; 32 obtiveron o recoñecemento de Colleita de Ouro, cunha puntuación entre 92 e 85 puntos, e 16 alzáronse coa Colleita de Prata, con cualificacións que oscilan entre os 85 e os 82 puntos.

As adegas cuxos viños foron recoñecidos recibirán por correo postal os diplomas acreditativos. Este ano, dadas as circunstancias actuais derivadas da pandemia da COVID-19, o Consello Regulador decidiu non organizar o acto de entrega, como se fixo en edicións anteriores.

BAIXAS AÑADAS 2020 1 BAIXAS AÑADAS 2020 2

A cata, desenvolvida pola Unión Española de Catadores (UEC) coa colaboración do Consello Regulador, tivo lugar no hotel Paseo de las Artes de Madrid o pasado 26 de novembro.

A Cata de las Añadas ten carácter bienal e o seu obxectivo é demostrar as posibilidades de garda dos viños da denominación, así como o potencial enolóxico das variedades amparadas por Rías Baixas. Na presente edición, os catadores valoraron 79 referencias de 35 adegas. Máis concretamente, vinte mostras de 2016 e vinte e unha de 2015; trece de 2014; sete de 2013, tres de 2012; catro de 2011; cinco de 2010; unha de 2008; tres de 2007 e unha de 2005.

O vinte catadores responsables de cualificar o viño este ano destacaron a necesidade de desenvolver certames destas características coa máxima rigorosidade e ademais sinalaron que os viños catados atopábanse en moi boas condicións, algúns mesmo demostraron mellores calidades despois de anos en botella. O xurado estaba composto por catro expertos do panel de cata interno do Consello Regulador e dezaseis profesionais do sector do viño externos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información