Viños da D.O. Ribeira Sacra premiados no Mondial des Vins Extremes

Publicidade
Viños da D.O. Ribeira Sacra premiados no Mondial des Vins Extremes

A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres a tradicional entrega de premios do Mondial des Vins Extremes”, cita que se desenvolvía en agosto no Val d´ Aosta (Italia). Tradicionalmente esta entrega desenvolvíase coincidindo coa comida de Nadal da D.O. Ribeira Sacra. Nesta ocasión e para cumprir coas restricións da pandemia, a entrega de premios desenvolveuse no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, lembraba na presentación o feeling que a D.O. Ribeira Sacra ten con este certame porque ambos naceron na mesma época “Este certame é un dos máis importantes porque as características dos territorios e dos viños fan que a D.O. Ribeira Sacra sexa un dos espazos máis representativos deste tipo de viticultura. O sector do viño neste tipo de territorios tan complicados é fundamental para asentar poboación e para manter a paisaxe. Toda a dinamización económica e turística deste territorio é consecuencia dunha paisaxe coidada que comezou co viño.”

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano, 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas, e obtén 11 medallas de ouro:

Medalla de ouro, Categoría Viños Brancos colleita 2019:

  • Viña Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos colleitas 2019 e 2018:

  • Os Cipreses 2018 de Rabelas S.L.

  • Acrivro 2018 de Adegas Salvadur S.L.

  • Garoubas 2018 de Fidel Gallego Carreira

  • Ciudaseis Pedras Altas barrica 2018 de María Gloria Alvarín Losada

 

  • Abadía da Cova Xuño 2018 de Adegas Moure S.A.

  • Finca cuarta 2019 de Rubén Moure Fernández

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos Vendimas 2017 e anteriores:

  • Finca La Capitana 2014 de Regina Viarum S.L.

  • Adega Barbado 2017 de Javier Méndez Arias

  • Finca Cuarta 2017 de Rubén Moure Fernández

  • Alcouce 2014 de Chao do Couso S.L.

O Mondial das Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas. A D.O. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes mundiais deste tipo de viticultura que hoxe se coñece como viticultura heroica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información