Vinagres do Ribeiro lanza un vinagre crianza con pemento de Padrón

Publicidade
Vinagres do Ribeiro lanza un vinagre crianza con pemento de Padrón

Vinagres do Ribeiro vén de elaborar un novo produto, neste caso en colaboración coa empresa Pementos Carmucha. Un vinagre que continúa a liña de aromatizados artesanais Albarro  (XPI, XPII e  XPIII), definidos pola acetificación artesanal, non adicción de sulfitos e aromatizados, neste caso con Pemento de Padrón, e que sairá ao mercado nos vindeiros días.

Intensidade e complexidade aromática

Froito de seis meses de experimentación na busca da combinación idónea para acadar un produto gourmet, con só dous ingredientes e sen ningún tipo de conservante:  un vinagre artesanal de viño blanco do Ribeiro con máis dun ano de crianza, macerado con pemento de Padrón.

O resultado é un vinagre de complexidade aromática, con notas moi definidas de pemento verde. Un vinagre de sabor intenso, que combina unha fresca acidez elegantemente suavizada pola crianza e a intensidade punzante propia  do pemento de Padrón con marcada persistencia.

Impresión final harmoniosa  con retrogusto que deixa descubrir debaixo da sensación picante unha multiplicidade de sabores, cos matices do viño orixe acentuados pola acetificación artesanal.

Sobre Vinagres do Ribeiro e Pementos Carmucha

Vinagres Do Ribeiro constituída en 2017 no corazón da comarca de O Ribeiro desde unha arraigada tradición familiar vitivinícola, apostando pola elaboración de vinagres por métodos artesanáis.  Nese tempo, os seus vinagres  xa están posicionados nas mellores tendas gourmet  e restaurantes de Galicia,  comercializando tamén noutras zonas do Estado e iniciando a exportación a Alemaña e Países Baixos. En tan só tres anos, un dos seus vinagres, Albarro XPI, obtivo por dous anos consecutivos medalla de ouro no único concurso internacional de vinagres, organizado por VINAVIN, Asociación Amigos Amantes del Vino y el Vinagre, en colaboración coa Deputación de Córdoba, converténdose así no primeiro e único vinagre galego premiado neste certame.

“Vinagres do Ribeiro aposta polo vinagre artesanal cunha nova visión que pon o vinagre no centro, como un produto gourmet e non como mero condimento, e aproveitando un ingrediente  de enorme prestixio como é  o viño  de O Ribeiro. Reivindicamos que a uva ten moitas máis posibilidades que o viño”, sinala Xoán Pablo Lorenzo, responsable da empresa, que ten a súa sede no municipio de Beade.

Pementos Carmucha é unha empresa familiar que cultiva pementos desde fai máis de 90 anos. Actualmente a cuarta xeneración, acollida á D.O. Pemento de Herbón, e co selo Galicia Calidade, comercializa os seus pementos nos mellores restaurantes de Galicia, e por todo o estado español, conseguindo o recoñecemento de grandes cociñeiros coma Martín Berasategui.

Ademáis da comercialización do pemento de Herbón en verde, elabora productos derivados como pemento confitado, pementón doce e picante, e mesmo queixo con pementos en colaboración coa queixería Casa Zolle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información