VIII Xornadas Apícolas e X Aniversario Abellas Nais

VIII Xornadas Apícolas e X Aniversario Abellas Nais

A Asociación Apícola Abellas Nais organiza o 19 de xullo, en San Cibrao (Ourense) as VIII Xornadas Apícolas e X Aniversario Abellas Nais. Este ano a asociación cumpre 10 anos dende o seu nacemento. A celebración e xornada será a partir das 10:30 no local social o Piñeiral (San Cibrao das Viñas, Ourense)

A xornada contará coa Dra. Amelia Virginia González Porto, actualmente investigadora do CIAPA, Centro de Investigación Apícola e Agroambiental de Marchamalo, que virá a falar dos diferentes tipos de mel e coa súa respectiva cata. González participou en congresos nacionais e internacionais. Tamén estará Cristina Pardo Martín, Doutora en Ciencias Biolóxicas (UCM), falando do pole e as súas diferentes procedencias.

Despóis sobre as 13:30 h farase unha comida de confraternidade, ao prezo de 10 euros. As persoas interesadas poden contactar coa organización no mail abellasnais@gmail.com ou ben vía telefónica, Whatsapp ou Telegram no número de teléfono 666 259 673 (Alberto)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información