VII Xornada Técnica de Produción de Leite

Publicidade
Data inicio: 04/03/2016
Data fin: 04/03/2016
Lugar: Veterinaria Lugo

A Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o 4 de marzo unha nova edición da Xornada Técnica de Produción de Leite que organiza Afriga xunto con Africor Lugo.

Este ano falarase nunha mesa redonda da dispoñibilidade de terras para usos agrarios en Galicia, do cruzamento industrial no gando frisón, de como beneficiarse da nova proba de xestación en leite, de por que as vacas recentemente paridas son máis vulnerables ou de como minimizar a baixada de defensas no periparto. A asistencia é libre e gratuíta.

Descarga aquí o programa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *