Vigo, Ribadavia, Lugo e Santiago acollerán mercados de produtos de Artesanía Alimentaria de Galicia

AGACAL_Alemparte_reunion_artesanía_alimentariaO director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo esta semana unha reunión de traballo con empresas operadoras adheridas ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, celebrada no Pazo de Quián de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón. Nela coordináronse e planificáronse catro mercados que se levarán a cabo durante o último trimestre deste ano en cada unhas das provincias galegas, co obxectivo de promocionar as elaboracións dos artesáns adheridos a este distintivo de calidade.

Na reunión acordouse co sector que estes mercados de Artesanía Alimentaria se celebrarán en Vigo -do 22 ao 24 de novembro-; en Ribadavia (Ourense) -do 5 ao 8 de decembro-; en Lugo -do 12 ao 15 de decembro- e en Santiago de Compostela -do 19 ao 22 de decembro-.

O selo de Artesanía Alimentaria creouse co obxectivo de procurar un sector estruturado en concordancia dos requisitos establecidos pola Unión Europea; de protexer o facer dos artesáns, defendendo a súa profesión ante etiquetaxes enganosos; e conservar e preservar as elaboracións de produtos artesanais tradicionais, tan arraigados á cultura galega.

Actualmente, Artesanía Alimentaria conta con algo máis de cen operadores inscritos e estanse a tramitar solicitudes para incorporar novos á lista de empresas certificadas, ligadas a algunha das 16 normas técnicas aprobadas para a produción e elaboración destes produtos. Ao mesmo tempo, estanse a elaborar novas normas técnicas que permitirán a incorporación de máis empresas operadoras, xa que os artesáns encádranse nalgunha delas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información