A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará con Asoporcel na campaña de promoción do produto “25 anos coidando da raza”

ASOPORCEL VIDE DEPU LUGOA área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforzará a colaboración con Asoporcel para colaborar no financiamento das iniciativas de promoción do consumo de carne desta raza autóctona que a asociación de criadores desenvolverá coincidindo co 25 aniversario dentro da campaña “25 anos coidando da raza”.

O deputado Daniel García mantivo un  encontro de traballo con representantes da entidade, na que se acordou unha colaboración excepcional de 12.000 euros e na que se puxo en relevo o traballo desenvolvido pola entidade na recuperación da raza e na promoción dos seus produtos nas feiras e mercados de proximidade como un referente de calidade.

O responsable provincial sinalou que “a viabilidade económica das granxas depende fundamentalmente da demanda do produto polo que coincidimos con Asoporcel en que unha das mellores maneiras de apoiar ás criadoras e criadores é poñer en valor as calidades gastronómicas da súa carne”.

A colaboracion afonda no apoio que a área de Rural prestou as degustacións na Praza de Abastos de Lugo e noutras feiras e mercados de proximidade da provincia nos últimos meses.  Súmase á participación de criadores e criadoras no catálogo da oferta formativa de educación infantil e primaria Da Escola á Granxa e no programa de axudas a investimentos de gandería extensiva O que non arde

25 anos de Asoporcel

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta creouse en 1999 para canalizar as labores de recuperación e conservación desta raza autóctona que comezaran coa creación dun banco de animais vivos en Triacastela, onde se localizaran algúns dos últimos exemplares.

A entidade encárgase da xestión do libro xenealóxico e do programa de cría da raza, así como da certificacion e verificación da trazabililade dos produtos comercializados co selo 100% Raza Autoctona Porco Celta,  que dinamiza con diferentes accións de promoción.

Foto. Cristina López, concelleira de Participación de Lugo, Daniel Garcia, deputado de Rural, Mar e Mocidade, e Iván Rodríguez e Cruz Castro, de Asoporcel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información