A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa rapa de Candaoso, con degustacións de carne de poldro de Pura Raza Galega

Daniel Garcia presentou a actividade xunto a comisión organizadora da rapa, que se celebrará o  6  de xullo

Daniel Garcia presentou a actividade xunto a comisión organizadora da rapa, que se celebrará o  6  de xullo

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega da rapa das bestas de Candaoso, en Boimente, no concello de Viveiro, que se celebrará o 6 de xullo.

A través do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto, a área dirixida por Daniel García  ofrecerá durante esa xornada unha degustación de hamburguesas de poldro, poñendo en valor a cría de cabalos en liberdade nos montes de Buio e Lerín como actividade produtiva e proveedora de alimentos de calidade.

Na presentación desta colaboración, o deputado Daniel García destacou  “que a rapa de Boimente é un expoñente da importancia que o cabalo ten na configuración da cultura, da paisaxe e da actividade gandeira na Mariña” e explicou que “o obxectivo destas actividades de degustación é contribuír á continuidade desa gandería en extensivo e comprometida coa conservación das razas autóctonas buscando saídas comerciais para os seus produtos”.

A rapa de Candaoso, de Interese Turístico, chega este ano ás cincuenta e cuatro edicións, dando continuidade a unha tradición que  se vive arredor do curro, onde as aloitadoras e aloitadores cortan as crins e identifican os cabalos que se cortan as crins e identifican os cabalos baixados do monte.

Ademais, durante a  tarde, celebraranse diferentes carreiras e competicións de andadura -serrada e chapeada- nas que se repartirán preto de 3.000 euros en premios nas distintas categorías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información