A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Verín acolle Demoviña, un escaparate de maquinaria e innovación dedicadas á vide

O 24 de xullo, Demoviña chega a Ourense para ofrecer as mellores solucións para o viñedo nunha cita única para todo o sector agrario

Publicidade

Imagen noticia Demovinha verinRevista Campo, da man de Agromillora-VCR e o grupo Martín Códax, asócianse para celebrar, o mércores 24 de xullo, a segunda edición de Demoviña, o maior escaparate de maquinaria e innovación dedicados á vide. Adega Terras do Cigarrón, en Verín (Ourense) será o escenario dunha cita clave para o sector.

Vai ser unha ocasión para trasladar ao profesional a experiencia acumulada nos últimos anos en relación cos grandes retos da viticultura, desde a sanidade vexetal até o escenario aberto polo cambio climático.

Ao evento súmanse marcas de prestixio internacional como John Deere, Pasquali, New Holland, Industrias David, Landini ou Fendt estarán presentes en Verín para ofrecer as mellores solucións aos agricultores.

No encontro falarase moito da cuberta vexetal, a fórmula que permite ao responsable do viñedo conservar as propiedades do chan, fixar nitróxeno ou sumarse á práctica de fixación de carbono.

O responsable técnico do grupo Martín Códax, Joaquín Martínez Rodiño, destaca que coas cubertas vexetais técnicas “optimizamos a capacidade do chan para fixar eses elementos e para mellorar a biodiversidade. Tamén é interesante para lograr unha menor compactación do chan, pero sobre todo permite perseguir determinados obxectivos, mediante a inclusión de leguminosas ou mesmo de especies de raíz pivotante”.

Do mesmo xeito, pódense sementar brassicas ou mostazas se o obxectivo é combater a presenza de nematodos na parcela.

Pulverización

A experiencia do viticultor galego vai ter en Demoviña unha ponte para estenderse polos profesionais do resto de España e de Portugal. Como en relación coa pulverización, que en terras galegas adquire características especiais dada a implantación do emparrado, que obriga a pulverizar de abaixo arriba para chegar ao conxunto da planta.

No caso da DO Monterrei, ademais, son abundantes os pequenos cursos de auga, o cal introduce unha dificultade especial á hora de realizar as aplicacións coa maior eficiencia, sen que as materias activas terminen nun destino diferente do desexado.

Variabilidade xenética

O responsable técnico de Martín Códax destaca o traballo desenvolvido para preservar o gran patrimonio da viticultura galega, que é a variabilidade xenética do viñedo. “Desde os anos 90 adquirimos a planta en viveiros e démonos conta de que se reduce esa variabilidade que desexamos preservar”, apunta.

Tamén se están realizando avances na elección de clons resistentes ás enfermidades fúnxicas, de forma particular o mildiu, “e no caso da DO Monterrei tamén buscamos unha maior rusticidade”, destaca.

Unha terra de viño

O sector vitivinícola está presente en 150 municipios galegos, o 47,3% do total. A actividade vinícola achega máis dun 1,4% do PIB de Galicia e axuda a manter un 1,5% do emprego na comunidade.

Galicia é a comunidade autónoma co maior número de viticultores, 219.356 viticultores, que representan o 39,9% do total nacional, segundo datos do estudo sobre “Importancia económica e social do sector vitivinícola en Galicia”, elaborado pola Interprofesional do Viño de España (OIVE).

O dato confirma a importancia do sector vitivinícola como motor da economía local, posto que a viticultura e a enoloxía contribúen a xerar emprego, a tempo completo, para preto de 15.900 persoas, o 55,5% en postos de traballo directos.

Máis información e inscricións en demoviña.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información