Vendima histórica na D.O Monterrei con 7,69 millóns de quilos de uva recolectados

Publicidade

monterrei vendima estA Denominación de Orixe Monterrei finalizou a campaña de vendima 2024, logrando de novo unha colleita histórica, con 7.694.464,1 quilogramos de uva colleitados, o que supón unha marca histórica, e supera os 6.931.621 quilogramos do pasado ano.

Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 5.498.498,20 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 2.195.965,90 quilogramos, é dicir, 71,5 % de variedades brancas e o 28,5 % restante das tintas.

No referente ás diferentes variedades, as cifras colleitadas das mesmas son as seguintes: 4.216.991,70 (Godello), 888.811,30 (Treixadura), 193.914,10 (Albariño), 154.751,10 (Dona Branca), 44.030 (Loureira), 1.655.829,8 (Mencía), 334.680,7 (Araúxa), 153.178,20 (Sousón), 44.509,2 (Merenzao) e 7.768 (Caíño Tinto).

A campaña de vendima iniciouse o 02 de setembro, coa adega Manuel Vázquez Losada e finalizou o 16 de outubro, sendo as adegas Fragas do Lecer e Franco Basalo as últimas en comunicar o peche do período de recolección de uva.

Esta campaña “pode considerarse como unha das mellores en termos de estado fitosanitario da uva, as condicións climatolóxicas favorables ao longo do ciclo fenolóxico da vide permitiron obter froitos cunha excelente calidade”, matiza o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García.

“Foi unha campaña con excelentes resultados a nivel cualitativo, e tamén cuantitativo, debido ao incremento das hectáreas na nosa base territorial, un total de 75 no último ano, o que permitiu alcanzar unhas cifras históricas”. Así mesmo, o presidente quere “lembrar o traballo de viticultores e adegueiros, durante todo o ano, xa que sen eles, isto non sería posible”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información