A vendima de 2020 en imaxes

Publicidade

As 5 Denominacións de Orixe de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) apuran estes días os traballos da recollida da uva. Recompilamos algunhas das imaxes que está a deixar esta vendima atípica de 2020 marcada polas medidas de prevención que obrigou a tomar a pandemia do coronavirus.

O bo tempo acompañou durante boa parte da recollida e tamén propiciou que se adiantara o comezo da vendima en case tódalas denominacións con respecto a campañas pasadas. Adegas e consellos reguladores apuntan a que a de 2020 está a ser unha colleita moi boa en canto a calidade e tamén a cantidade de uva.

Vendima-2020-DO-Valdeorras-Mario-Nogueira-

Image 2 of 33

Rías Baixas
En Rías Baixas, con datos do 17 de setembro, había 31,8 millóns de quilos vendimados, dos que 31,1 millóns correspondían a albariño. En variedades brancas, destacan tamén Loureira, con 196.000 quilos e treixadura con 190.000. En tintos, encabeza a táboa o Caíño tinto con 32.000.

Ribeira Sacra
Na Ribeira Sacra, onde a data oficial aconsellada para o inicio da vendima era o 16 de setembro, lévanse recollidos 1,3 millóns de quilos de uva, segundo os datos de onte do Consello Regulador. Desa cantidade, 873.000 quilos corresponden a mencía, 40.000 a merenzao e 25.000 a garnacha, como primeiras variedades tintas. En brancos, destaca o godello, con 265.000 quilos, seguido do albariño (31.000 quilos) e a treixadura, con 22.000.

Hai 21 das 95 adegas que xa remataron a colleita, en previsión das choivas desta fin de semana; en tanto 8 aínda non comezaron.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información