A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha nova xornada de prezos de récord, desta volta de man dos becerros carniceiros. Así, esta mañá un tenreiro carniceiro foi adquirido por 1.799 euros, o maior prezo pagado por un exemplar desta categoría na historia da Central.
Trátase dun macho mestizo marcado como Ternera Gallega Suprema e nacido en marzo deste ano. O animal procede dunha gandería de Xermade (Lugo) e foi adquirido por Alimentación Vetusta, de Oviedo.
Ademais, a Central logrou nesta xornada un novo récord no prezo medio dos becerros carniceiros. Acadouse un valor medio de 1.054,92 euros, mentres o máximo ata o momento foran os 1.032,57 euros da semana pasada.