Vendidas 22 novillas na poxa de Acruga a un prezo medio de 2.011 euros

Un total de 34 gandeiros participaron hoxe na subasta celebrada na Granxa Gayoso Castro

Vendidas 22 novillas na poxa de Acruga a un prezo medio de 2.011 euros

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA) celebrou esta mañá desde as 11,30 horas unha poxa de 34 novillas preñadas no centro de recría da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea. Alí déronse cita un total de 34 gandeiros, interesados en adquirir os exemplares, que tiñan entre 24 e 33 meses e un prezo de saída de 1,800 euros.

Na poxa, onde foron adquiridas 22 reses, o prezo medio de venda elevouse até os 2,011 euros. O deputado de Recursos Sustentables e responsable do centro de recría, Roberto Fernández, e o presidente de Acruga, César Dorado, destacaron a oportunidade que supuxo esta cita para os gandeiros, pois a pandemia limitou o acceso a estas compras en feiras.

Fernández mostrouse satisfeito coa cita, que cualificou de “moi participativa” e subliñou a súa importancia nun calendario do que se descolgaron outras oportunidades de venda de gando: “Esta é unha posta a disposición dos gandeiros da provincia dunha serie de gando que non se poido levar ás feiras pola situación sanitaria”. Nesa mesma liña, Dorado tamén fixo unha valoración positiva ao termo da poxa e enmarcouna no actual contexto. “A xente ten medo coa crise que se está formando. Co virus, a xente retráese en comprar e ten medo. Os prezos dá carne van baixos e vai todo en contra do movemento de comprar novillas e comprar máis vacas”, afirmou.

Os gandeiros, na súa maioría da provincia de Lugo, contaban cunha axuda de 200 euros por animal, achegada por Caixa Rural Galega. Nove dos 34 participantes adquiriron novillas, que contaban con prezos de saída de 1,800 e 1,900 euros. O exemplar de rubia galega polo que máis se poxou, de 25 meses, alcanzou os 2,350 euros. Iván Díaz López, de Sarria, foi o que maior número de novillas adquiriu, cun total de 11. O gandeiro indicou que o seu negocio se atopaba actualmente en fase de expansión e apostaba pola calidade da raza rubia galega.

Entre os gandeiros de fóra da provincia, destacou a poxa de Gonzalo Pereira, do Pino, que se fixo con tres exemplares. Sinalou que conta cunha explotación mixta e reivindicou a calidade da raza rubia galega: “No tema dá carne, paréceme que son das que mellor sacan, comparado con outras razas”. Lamentou que as poxas programadas para este ano non puidesen celebrarse con normalidade debido ao covid-19 e, por iso, agradeceu a oportunidade na Granxa Gayoso Castro.

A próxima poxa será o 6 de novembro en Adai (O Corgo).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información