Vendidas 12 xovencas de Rubia Galega na poxa de Adai

Un total de 36 gandeiros participaron nas poxas, nas que se adxudicaron os animais a un prezo medio de 2.020 euros

Vendidas 12 xovencas de Rubia Galega na poxa de Adai

Un instante da poxa celebrada en Adai.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) celebrou hoxe unha poxa de 18 reses no campo da feira de Adai, no concello do Corgo (Lugo). Alí déronse cita un total de 36 gandeiros, entre eles un de Castilla La Mancha, interesados en adquirir os exemplares presentados á poxa: oito novillas preñadas procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, que se venderon todas, e seis xovencas e catro machos propiedade de sete gandarías dos concellos de Samos, Pantón, Lugo e O Corgo.

Das 14 novillas, 12 foron vendidas a un prezo medio de 2,020 euros, mentres que a poxa polos machos quedou deserta. A maior cotización foi de 2.800 euros, pagados por unha das reses dunha gandaría particular.

Á poxa acudiron a delegada territorial para Lugo da Consellería de Medio Rural, Olga Igrexas; o deputado de Recursos Sustentables e responsable do centro de recría da Deputación de Lugo, Roberto Fernández; o tenente alcalde do Concello do Corgo, Marcos Trashorras, e o presidente de Acruga, César Dorado. Todos avaliaron de maneira positiva a celebración desta feira como unha ocasión para adquirir raza Rubia Galega despois de que a pandemia obrigase a suspender numerosas citas e as restrinxíse a só tres: a de Adai en agosto, na Granxa Gayoso Castro en outubro e a organizada hoxe.

Prezos
O prezo de saída para o oito exemplares da Granxa Gayoso Castro, froito dunha colaboración entre Acruga e a Deputación de Lugo, foi de 1.900 euros, e todas foron vendidas. Por outra banda, os particulares estableceron diferentes prezos de saída para as novillas e os machos. As primeiras oscilaron entre os 1.800 e os 2.600 euros, que foi o prezo de saída máis elevado nunha novilla. En canto aos catro machos, os prezos de saída oscilaron entre os 2000 e os 2.600 euros.

A poxa polas novillas contaba cunha axuda achegada por Caixa Rural Galega para a súa adquisición de 200 euros por cada unha e de 300 euros no caso dos machos.

Dez dos 36 gandeiros que participaron na poxa fóronse do campo da feira de Adai cunha novilla de Rubia Galega, mentres que Iván Díaz, de Sarria, adquiriu tres animais. As 12 novillas adquiridas poxáronse a un prezo medio de 2.020 euros, por encima da media de 2.011 euros alcanzada na última poxa celebrada na Granxa Gayoso Castro en outubro.

O exemplar que alcanzou hoxe a cotización máis elevada, de 2,800 euros, era propiedade da gandaría Manuel López Quiroga, do Concello de Samos.

Tras a poxa, o presidente de Acruga, César Dorado, valorou positivamente que, a pesar da situación de pandemia actual e da crise que arrastra o sector, a poxa puidese desenvolverse de maneira efectiva e que alcanzase mesmo boas cotizacións.

Un gandeiro da Mancha
Nesta poxa participou un único representante de fóra de Galicia, Alfredo Méndez, de Ganadería La Casilla, situada en Castilla La Mancha, onde abriu a finais do ano pasado a primeira explotación de raza Rubia Galega da súa comunidade. Dedicado á hostalaría e a restauración, e despois de utilizar esta carne de elevada calidade durante anos, Méndez decidiu apostar pola crianza da raza. Tras o seu paso por Adai en agosto, esta era a segunda vez que concorría a unha das feiras de Acruga e aínda que non adquiriu ningún animal, a súa aposta por esta raza é férrea: “Hai varios motivos para apostar por esta raza. En primeiro lugar está a calidade da carne. Á hora de vendela, non é o mesmo vender unha carne de primeira calidade que unha carne que non sexa tan exquisita, tan selecta. E logo, á hora do manexo, son animais que son súper dóciles”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información