Vendida unha xovenca de rubia galega por 3.950 euros na poxa de Adai

A subasta organizada por Acruga no Corgo saldouse con 26 exemplares vendidos

Vendida unha xovenca de rubia galega por 3.950 euros na poxa de Adai

Xovenca récord en Adai.

As escasas subastas de gando de rubia galega que se puideron desenvolver no último ano, a raíz da Covid, levaron a que a subasta celebrada en Adai (O Corgo, Lugo) esta fin de semana superase todas as previsións de asistencia e prezos medios. Non é o mellor momento para a gandería de carne, afectada aínda por baixas cotizacións, pero as expectativas de recuperación animaron ás granxas.

Unha xovenca do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, xestionado pola Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) en colaboración coa Deputación de Lugo, logrou un récord de cotización, con 3.950 euros.

A xornada caracterizouse por unha alta demanda sobre os animais a subasta, pois os 26 exemplares que saíron na poxa foron adxudicados a prezos moi por riba dos de saída, cunha media de 2.456 euros para os 15 exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro.

A subasta tivo como acto complementario un concurso -exposición, o que deparou numeroso público ó longo da xornada. Sacaron a tarxeta para participar na poxa un total de 64 gandeiros, a maioría de Galicia, pero tamén houbo participación de granxas de fóra, como por exemplo de Salamanca, Ciudad Real e incluso Almería.

A alta asistencia xerou poxas animadas, que viviron o seu momento álxido na subasta dunha xovenca preñada da Granxa Gayoso Castro que chegou ós 3.950 euros. O exemplar, de 30 meses, partiu de 1.900 euros e dobrou ese prezo de saída. A calidade esperada na xovenca, que tiña calificación de ‘moi boa’ no libro xenealóxico e unha puntuación das máis altas, 75,5, levaron a que se disparase o interese.

A subasta comezou coa presentación de 6 machos, 5 de Acruga e outro particular. Adxudicáronse todos a un prezo medio de 2.241 euros, superando os 2.100 do pasado ano. As 15 novillas do centro de recría subiron aínda máis os prezos, achegándose ós 2.500 euros de media, a mellor cotización lograda por exemplares de Gayoso Castro nunha poxa.

Desde Acruga, o presidente da asociación, César Dorado, felicitouse pola “gran calidade” que presentaban os animais, “o que explica a alta demanda”.

Concurso
No Concurso de Rubia Galega de Adai, destacaron os gandeiros Rubén Penín Rouco, José Antonio Ferreiro Palacios e Manuel López Quiroga, que obtiveron varios galardóns. A lista de premiados completouse con Javier Gerbolés, Alejandro Gutiérrez, La Castañeda, Enrique Corredor e Ganadería Santalla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información