As vendas dos queixos galegos con DO superaron os 34,6 millóns de euros en 2017

Cebreiro e San Simón da Costa foron os queixos con Denominación de Orixe que máis medraron o pasado ano, seguidos da D.O. Tetilla. Os queixos de Arzúa-Ulloa son os que menos incrementaron as súas vendas o pasado ano.

As vendas dos queixos galegos con DO superaron os 34,6 millóns de euros en 2017

Queixo de San Simón da Costa, a D.O. cunha evolución máis positiva en 2017 xunto coa D.O. Cebreiro

As vendas de queixos galegos amparados por unha Denominación de Orixe medraron no 2017 un 1,84% ata os 34,67 millóns de euros, cun total de 5.472.26 kilogramos certificados polos consellos reguladores, o que supón un 2,15% máis que no 2016. Deste xeito, o prezo medio por kilogramos dos queixos galegos con D.O situouse en 2017 nos 6,33 euros o quilo, unhas décimas por debaixo do prezo do ano anterior. Así se desprende dos datos facilitados a Campo Galego pola Consellería do Medio Rural.

Por denominacións, a que máis medra é a D.O. Queixo do Cebreiro, tamén a máis nova e a de menor tamaño: no 2017 as súas vendas medraron un 15,56% e os quilos certificados un 18,73%. É tamén a que logrou o prezo máis alto: 9,62 euros de media por kilo. Séguelle a D.O. Queixo de San Simón da Costa, que incrementou o pasado ano as súas vendas nun 5,67%, a mesma porcentaxe que os quilos certificados, que se situaron nun prezo medio de 7,28 euros.

As D.O máis antigas e máis consolidadas en volume, Arzúa Ulloa e Tetilla, son as que presentaron tamén menores incrementos. Así, Arzúa-Ulloa, medrou un 0,9% en kilos certificados e un 0,25% en valor económico, situándose o prezo medio do seu queixo nos 6,20 euros. A segunda en volume e en facturación, a D.O. Tetilla, medrou un 3,59% e o prezo medio do seu queixo en 2017 foi de 6,24 euros.

Evolución das vendas dos queixos galegos con Denominación de Orixe en 2017:

queixos_2017

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información