As vendas de viño en España recupéranse cun incremento do 14% en 2021

O informe sobre a evolución da comercialización do viño español, encargado pola Interprofesional del Vino de España a Wine Intelligence e o OeMv, reflicte unha recuperación da canle de hostalaría practicamente até niveis pre-pandémicos, mentres que a venda directa incrementa mesmo a súa importancia con respecto a 2019

Publicidade

vendas viño oemv 2021 1As vendas de viño no mercado interior español incrementáronse un 14% en volume en 2021, o que parece confirmar a recuperación do sector tras a pandemia. Segundo os datos do último estudo realizado polo Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv) e a consultora Wine Intelligence, o crecemento tamén se produce en valor, chegando a un incremento do 14,5%.

Estes datos son o resultado dunha enquisa, encargada pola Organización Interprofesional del Vino, cuxo obxectivo é entender como evolucionou o mercado do viño en España comparando a situación antes da pandemia (2019) co ano do confinamento (2020) e co inicio da recuperación (2021). Tras o informe que xa se presentou en 2021, para este segundo estudo contouse cos datos achegados de cen das adegas máis importantes do país.

En xeral, 2021 foi claramente un ano non só de recuperación senón tamén de moitas aprendizaxes de face a futuro. O estudo confirma que o 77% das adegas españolas incrementaron o seu volume de vendas no mercado español. Así mesmo, por unha banda, recupérase a canle HoReCa até niveis practicamente prepandémicos, concentrando un 51% do volume de vendas.

Doutra banda, a canle de alimentación mantén o seu peso nun 36%, achegándose ao 37% das vendas de 2019. A novidade vén da man da canle da venda directa que mantén o peso que alcanzou en 2020 chegando ao 8% das vendas de viño (fronte ao 5% de 2019).

Con estes datos, o estudo conclúe que as canles de HoReCa e Alimentación recuperaron o seu peso a niveis prepandémicos e que se incrementou a importancia da canle de venda directa xa que mantén os valores alcanzados en 2020, polo menos de momento, crecendo 3 puntos porcentuais con respecto a 2019.

Recuperación por tipos de viño

vendas viño oemv 2021 4

En canto aos datos referidos ás vendas por tipos de viño, o estudo sinala que os espumosos e os viños tranquilos con Denominación de Orixe foron os que mellor se recuperaron durante o pasado exercicio.

En xeral, en 2021 os viños de todos os prezos de venda ao público experimentaron unha recuperación, aínda que os de menos de 2 euros non creceron tanto como outros rangos de prezo que si se recuperaron a dúas cifras.

vendas viño oemv 2021 3

O maior crecemento deuse entre a franxa que o estudo clasifica entre os viños de ?15? a 24,99??. Por último, as adegas pequenas (menos de 500.000 litros) sufriron maiores caídas durante a pandemia pola súa menor penetración na canle de alimentación pero, pola contra, son as que mostraron unha maior recuperación tanto en valor como en volume en 2021, seguidas das adegas medianas.

vendas viño oemv 2021 2

Futuro optimista

En canto á visión das adegas de face ao futuro, consideran que xa pasou o peor da crise derivada da COVID-19 e son optimistas sobre o volume e valor das súas vendas en próximos anos. Aínda así, recoñecen que deben afrontar novos retos e preocupacións, por exemplo a subida de custos e rendibilidade, políticas arancelarias, inestabilidade internacional, etc.

Tras estes dous últimos anos de grandes cambios que afectaron de forma moi importante á distribución de viño e outros produtos, o reto está en estudar cales destas transformacións serán máis profundas e se se manterán ou non no tempo. Por iso, con este informe, as adegas poden valorar o seu desenvolvemento en 2021 en comparación coa media das adegas españolas da súa mesmo tamaño e contar con información sobre as oportunidades futuras.

Ligazón ao estudo completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información