A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Vegalsa-Eroski descatará nos seus establecementos os produtos de Galicia Calidade

A compañía galega de distribución alimentaria reforza o seu compromiso de aposta polos produtos locais activando unha acción de promoción en colaboración con Galicia Calidade

Vegalsa-Eroski descatará nos seus establecementos os produtos de Galicia Calidade

Presentación da campaña este xoves en Teo.

No marco da iniciativa “Aposta polos Provedores Galegos”, que levará a cabo ao longo de todo o ano na rede comercial da compañía, Vegalsa-Eroski pon en marcha unha acción de promoción dos produtos amparados polo distintivo autonómico Galicia Calidade, durante a primeira quincena do mes de xuño, nas súas insignias Eroski/Center, Híper Eroski, Autoservizos Familia, Eroski City e Cash Record.

No acto de presentación, que tivo lugar no Eroski Center de Teo, participaron o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro e o director xeral de VegalsaEroski, Joaquín González.

Produtos con marca de calidade

Vegalsa-Eroski fai unha aposta firme polo sector agroalimentario local, unha aposta que implica aos produtos amparados por marcas de garantía como Galicia Calidade.

Froito desta colaboración, a compañía traballa con 27 provedores e conta nos seus lineais con 214 referencias amparadas baixo este selo de calidade en categorías como viños, cervexas, augas, lácteos, ovos, conservas, carnes, embutidos, froitas e hortalizas, cunha facturación no ano 2016 de 11,5 millóns de euros.

Coa posta en marcha desta iniciativa, estes produtos certificados aparecerán destacados nos lineais dos supermercados e hipermercados de Vegalsa-Eroski.

Ao longo de 2017 os produtos de Galicia Calidade aparecerán destacados nos lineais de Vegalsa-Eroski.

Desde a compañía editarase tamén un folleto onde os produtos que conten co distintivo “Galicia Calidade” aparecerán diferenciados para contribuír así á súa promoción e posta en valor.

Ademais, durante os 15 días que dura a acción, haberá eventos, agasallos e sorteos cos produtos amparados baixo esta marca. Contémplanse así o seguinte calendario de promoción:

VEGALSA_CADRO

Tras a presentación oficial da campaña celebrouse un showcooking no establecemento con produtos Galicia Calidade da man do cociñeiro cunha Estrela Michelín, Yayo Daporta, ademais de exhibición de corte de xamón co campión de España, José Míguez, e unha degustación de viños certificados a cargo da catadora Esther Daporta.

No acto de presentación da campaña estiveron presentes tamén o director de Compras da compañía, Jorge Eiroa, o director de Hipermercados Eroski e Eroski Center, Florentino Vázquez; o director de Cash Record, Anxo Otero; o director de Márketing, Julián Hernández, e a directora de RSC e Cliente, Gabriela González.

Ademais, estiveron presentes tamén provedores asociados a Galicia Calidade como EstrelLa Galicia, Sadepor, Puleva, Coren, Feiraco-CLUN, Paco&Lola, Terras de Asorei, Torre de Núñez, A Pementeira, Kiwi Atlántico, Customdrinks, HGA Bodegas, Señorío de Rubiós, Vilarvin, Vinigalicia, NorIberica e Capsa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *