A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Variedades de millo forraxeiro RAGT: Altas producións e dixestibilidade e adaptadas ás condicións de Galicia

RAGT MILLO 2026A multinacional RAGT acaba de presentar o seu catálogo de variedades de millo para silo 2026, no que destacan catro variedades adaptadas ás condicións climáticas de Galicia, pero tamén de Asturias e de Cantabria.

Son estas:

RGT ELARAXX: Ciclo medio-longo con dobre aptitude silo/gran

Trátase dunha variedade de ciclo medio-longo, cun tipo de gran dentado e cun gran equilibrio entre produción e dixestibilidade.

“Estamos ante unha variedade cun bo vigor de nascencia, que destaca tamén pola súa boa sanidade, con alta resistencia a Helminthosporium, e cunha dobre aptitude tanto para silo como para gran húmido ou pastone”, explica Beatriz Vázquez, delegada de RAGT para Galicia, Asturias e Cantabria.

En canto á morfoloxía, RGT ELARAXX é unha planta de porte medio-alto e cunha inserción media da mazaroca.

RGT MEXXPLEDE: Ciclo medio que se adapta a todos os solos

RGT MEXXPLEDE é unha variedade de ciclo medio, que destaca polo seu alto rendemento, así como por:

– Excelente stay-green
– Gran regularidade (planta e mazaroca)
– Potencial produtivo en situacións limitantes. Adaptación a todos os solos
– Boa regularidade de nascencia
– Resistencia do talo: Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo.

RGT DRAGSTER: Ciclo medio-curto cun bo potencial produtivo mesmo en situacións de estrés hídrico

RGT DRAGSTER é unha variedade de ciclo medio-curto que destaca polo seu bo potencial produtivo, mesmo en situacións de estrés hídrico.

En concreto, as súas principais calidades son:
Talo moi robusto e de gran resistencia
– Bo comportamento en altas densidades
– Excelente sanidade do talo
– Bo look silo
– Estable en rendemento
– Bo stay-greenSTRESSLESS H2O: xeneticamente eficiente en todas as condicións de estrés hídrico.

RGT LACTEAXX: Ciclo curto adaptado a condicións limitantes

RGT LACTEAXX é un ciclo curto recoñecido por lograr boas producións E calidades en pouco tempo e en condicións limitantes, o que o fai idóneo para sementeiras tardías ou para lograr un segundo corte de herba.

As súas principais caraterísticas son:

• Look silo e bo stay-green
• Bo vigor de partida
• Correcta seguridade do talo.
• Adaptado a situacións limitantes
• Calidade de silo en ciclo corto
• Moi boa resposta en condicións extremas
• Ciclo curto con excelente ratio ciclo/rendemento
• Folla de gran tamaño e semi-erectas
• Moi boa fecundación
• Regularidade na mazaroca

Novas variedades:

RGT AXXTRONAUTE: Millo dobre aptitude con excelente calidade de silo

• Excelente vigor de nascencia
• Bo comportamento en todas situacións
• Excelente produción de gran
• Moi bo stay-green
• Gran vigor de partida
• Regularidade en produción
• Gran dentado e vitreo
• Híbrido de GRAN PORTE

RGT SOCALIXX: Gran produción e sanidade do talo

• Moi bo vigor de partida
• Excelente seguridade do talo
• Estabilidade produtiva tanto como gran como forraxe
• Millo dobre aptitude: Silo e gran
• Regularidade da colleita
• Fin de ciclo seguro
• Híbrido porte medio

RGT VOLRAXX: Alto rendemento en ciclo curto adaptado a situacións limitantes

• Excelente vigor de partida
• Bo comportamento en todas as situacións
• Moi boa sanidade do talo
• Alta tolerancia a enfermidades de follas
• Floración precoz

Descarga aquí o catálogo 2026 de RAGT de millo para silo

Para máis información:

Telf. 607 48 03 58

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *