Por que é importante coñecer a calidade nutritiva do mato?
• A calidade e a cantidade de biomasa vexetal determinan a capacidade de carga animal do sistema de pastoreo.
• A calidade nutritiva inflúe na taxa de inxestión do alimento, que será mais alta canto mais rápida sexa a súa dixestión (boa dixestibilidade e contido en proteína)
• Isto repercute na velocidade de desaparición do pasto na superficie pastable.
• As características da vexetación determinan o tipo(s) de animal compatible no pastoreo.
Cales son as necesidades de alimentación do distinto tipo de gando?
As necesidades nutricionais do gando explícanse habitualmente en termos das súas necesidades proteicas e nos seus requirimentos de enerxía. En canto ás primeiras exprésanse na porcentaxe de Proteína Bruta (PB) que está presente no pasto, e, en xeral, son do 6% PB (60 g/kg ms) para mantemento , incrementándose durante a lactación ao 12%, aínda que varían segundo tipo de gando e o seu estado fisiolóxico. Por exemplo, no caso do gando cabalar, para un cabalo maduro están no 8 – 10 % e se é un cabalo novo, a necesidade de proteína bruta sobe ao 10 – 12 %.
En canto a como se ven cubertos os requirimentos enerxéticos do animal, a enerxía dispoñible en pasto mídese en % de materia seca dixerible (MSD) . Os valores óptimos varían segundo a especie animal, idade, sexo e climatoloxía…pero en xeral para o gando en extensivo o desexable é que o pasto non teña menos dun 45-50 % MSD. Para o gando vacún de carne en extensivo, a porcentaxe óptima establécese entre un 46 – 56 %; incrementándose na lactación ao 56 – 66%. Para o gando cabalar, os valores óptimos poden ascender ao 62 % MSD
A importancia da presenza dos taninos
Os taninos son compostos fenólicos presentes no 80% das plantas leñosas e só nun 15% das herbáceas. Poden ter un papel positivo ou negativo na alimentación do gando dependendo da súa concentración nas plantas. Valores entre 2-4% poderían ser beneficiosos e maiores que 7% poderían chegar a ser prexudiciais. O seu efecto tamén depende da especie animal, xa que os animais ramoneadores (cabra, ovella ou cabalo) son máis tolerantes á toxicidade dos taninos que outros herbívoros como a vaca ou a ovella.
En concentracións altas nas plantas leñosas poden ser tóxicos para o gando, diminúen a palatabilidade polo sabor amargo e tamén baixa a calidade nutritiva, xa que os taninos reducen a dixestibilidade , de xeito que parte da proteína bruta pérdese a través das feces.
En canto aos afectos beneficiosos, diversas investigacións teñen confirmado as súas propiedades antimicrobianas e constitúen unha alternativa aos antibióticos, evitando o problema das resistencias. Ademais, pódense utilizar en gandería ecolóxica e son un antioxidante que axuda a previr a oxidación lipídica da carne, e polo tanto a evitar o sabor rancio da mesma.
Cal é calidade nutritiva das distintas especies de mato presentes no monte galego?
Partindo de que as necesidades medias de proteína para o gando en extensivo establécense nun mínimo do 9% e as enerxéticas nun mínimo de 45% de materia seca dixestible, o valor nutritivo das principais especies leñosas é o seguinte:
NOME |
PROTEÍNA BRUTA% |
MATERIA SECA% |
TANINOS |
OUTRAS |
Erica Cinerea/Carroucha ou queuga | 6,00% | 23,00% | Si | |
Erica Umbellata/Uz branca | 7 | 19 | Si | |
Erica Arborea | 8 | 24 | Si | |
Calluna Vulgaris/Queiroa | 6 | 26 | Si | |
Daboecia cantabrica/Queiroga maior | 8 | 24 | Si | |
Cytisus multiflorus/Xesta | 13 | 47 | Non | |
Pterospartum tridentatum/ Carqueixa | 7 | 35 | Si | |
Ulex europaeus L. | 9 | 40 | Si | Poucos taninos |
Trifolium repens | 21 | 51 | NON | |
Trifolium pratense | 21 | 57 | NON | |
Rubus sp./ Silva | 10 | 31 | Si | Alta presenza de taninos |
Hedera hibernica L. /Hedra | 9 | 63 | NON | |
Quercus robur L./Carballo | 9 | 32 | Si | |
Castanea sativa /Casteiñeiro | 11 | 42 | Si | |
Carex remota | 11 | 45 | NON | |
Holcus mollis | 14 | 58 | NON | |
Agrostis capillaris | 9 | 41 | Si | |
Agrostis curtisii | 8 | 36 | Si | |
Raigrás italiano | 17 | 75 | NON | |
Dactilo | 17 | 59 | NON | |
Landras | 5 | Si | 3% de fibra | |
Castañas | 5 a 8% | Si | 2-3% de fibra |
Relación entre produción de pasto e labores de clareo do bosque
Hai unha relación inversa entre a produción de pasto arbustivo ou herbáceo do sotobosque nun sistema silvopastoral co % de cobertura da copa e non sempre coa densidade arbórea ou área basal. Deste xeito:
– Despois das cortas a feito pode aumentar a biomasa, e por tanto, o recurso alimenticio. Pero este vai ser maior en cantidade e non en calidade: maiores concentracións de limitantes nutricionais como os taninos.
– Por tanto, as claras e clareos selectivos poden ser ferramentas de manexo que favorezan o crecemento do arborado optimizando tamén o recurso alimenticio.
Resposta dos distintos grupos de plantas ao pastoreo
A taxa de recuperación das herbáceas tralo pastoreo é maior. Pola contra, a recuperación das arbustivas tras o corte (ou pastoreo) é moito menor.
A tolerancia das plantas ó pastoreo depende sobre todo da intensidade e
frecuencia do pastoreo e da época do ano na que este se produce (maior tolerancia o principio da primavera e menor cara o final da mesma e no verán). Calquera combinación destes 3 factores pode causar na planta deterioro, estimulación do rebrote ou non ser apreciables.
Neste sentido, é preciso ter en conta os carbohidratos que ten a planta como reserva. Nos meses de maio e xuño, cando para a maioría das plantas estes carbohidratos están aos niveis máis baixos, un pastoreo intensivo pode comprometer o futuro da planta.
Consumo diario de materia seca segundo o tipo de animal: