Valdeorras pecha unha das vendimas máis abundantes, con 6,7 millóns de quilos de uva recollidos

A colleita deste ano na DO Valdeorras supón un incremento de 2 millóns de quilos con respecto á do 2018 e convertése nunha das mellores dos últimos 10 anos

Publicidade
Valdeorras pecha unha das vendimas máis abundantes, con 6,7 millóns de quilos de uva recollidos

Traballos da vendima na DO Valdeorras.

A Denominación de Orixe de Valdeorras acaba de rematar a campaña de vendima 2019 cun total de 6.798.065 quilos de uva recollidos. Estas cifras supoñen un incremento de 2 millóns de quilos con respecto ó ano pasado.

Tanto o volume como a calidade da colleita fan que se sitúe como unha das mellores dos últimos anos. “Este ano ten sido unha das vendimas máis abundantes da década”, afirma o presidente do Consello Regulador de Valdeorras, José Luís García Pando. O responsable sinala tamén que “un ano máis, as nosas uvas signifícanse especialmente pola súa gran calidade”, concreta.

Variedades

Os traballos de recollida da uva leváronse a cabo ó longo dos últimos dous meses e a variedade de godello foi a máis abundante. Así, o godello sitúase á cabeza con máis de 3,5 millóns de quilos, seguida da mencía con 1,8 millóns de quilos. Da variedade alicante recolléronse 849.822 quilos e da xerez ou palomino fino apañáronse 505.470 quilos.

Por detrás destas castes sitúase o sousón (40.377 quilos), arauxo (27.414 quilos), albarello (9.819 quilo), merenzao (9.333 quilos), mouratón (2.985 quilos), dona branca (2.528 quilos), caíño (934 quilos), torontés (647 quilos) e a albariño con 307 quilos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información