Valdeorras finaliza a vendima cun 29% menos de uva pero de “excelente calidade”

Publicidade
Valdeorras finaliza a vendima cun 29% menos de uva pero de “excelente calidade”

Uva da variedade Godello, a máis representativa da DO Valdeorras

Tras case dous meses desde o inicio dos traballos, acaba de finalizar oficialmente a campaña da vendima na Denominación de Orixe Valdeorras. Neste ano, 2016, recolléronse un total de 4.656.213 quilos de uva, o que supón un 29% por cento menos con respecto ao ano pasado.

Esta redución, que xa estaba prevista, xustíficase por varios factores: o mildiu e outras afeccións das cepas rexistradas ao longo da campaña e os fenómenos meteorolóxicos adversos que se produciron: altas temperaturas e, tamén sariaba no verán, así como abundantes choivas na primavera.

Malia todo, un ano máis, “a uva de Valdeorras segue a gozar dunha excelente calidade”, sinala o presidente da D.O., Francisco García, “o que permitirá que os nosos viños volvan colocarse en postos de cabeza a nivel nacional”.

Quilos recollidos por variedades

Por variedades de uva recollida, o Godello colocouse de novo no primeiro lugar con 2,46 millóns de quilos. A continuación situase a Mencía con 1,46 millóns de quilos. Por tras, veñen a variedade Alicante, con 444.986 quilos; a Jerez, con 213.852 quilos e a Sousón, con 33.344 quilos. Finalmente, únense á listaxe os 18.208 quilos de Tempranillo recollidos; os 8.205 de Merenzao; os 6.165 de Albarello e os 397 quilos de Dona Branca que se colleitaron.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información