‘Vai de agro’ agrupa a presentación de iniciativas innovadoras no sector agroalimentario e forestal

Unha xornada sobre grupos operativos no ámbito agroalimentario e forestal avanza liñas de traballo en torno a cuestións como a redución de antibióticos na gandería ou a procura dunha alimentación máis sostible

‘Vai de agro’ agrupa a presentación de iniciativas innovadoras no sector agroalimentario e forestal

Ao longo da xornada pasaron diferentes mesas redondas nas que se abordaron proxectos e iniciativas de melloras sustentables

O taller ‘Va de agro. Co-innovando no sector agroalimentario e forestal’ presentou unha serie de proxectos de investigación e iniciativas de innovación para a mellora do sector agrario e forestal. As exposicións avanzaron liñas de traballo en cuestións como a redución de antibióticos na gandería, a procura dunha alimentación máis sostible ou a revalorización de subprodutos e residuos agrogandeiros.

Redución de antibióticos nas ganderías
A exposición de ‘técnicas innovadoras para un menor uso de antibióticos en cunicultura’, do grupo operativo Tirac, abriu a primeira mesa redonda de co-innovación da xornada. Os obxectivos que procuran son a maximización dos parámetros produtivos, priorizando a redución das patoloxías dixestivas dos coellos novos. Isto conséguese, principalmente, a través dunha nutrición equilibrada entre aportes de fibras solubles e insolubles para mellorar a saúde intestinal do animal.

A nutrición tamén estivo no centro da exposición do grupo operativo Micoalga-Feed. A súa iniciativa de estudo en torno a unha alimentación natural baseada en algas e fungos permite unha baixada notable no uso de antibióticos. Así mesmo, a redución non só ben de man da nutrición, senón que unha parte importante está na xestión responsable do consumo e no replantexamento dos sistemas de decisión antibicrobianos nos sistemas de produción, unha liña na que se encaixaron o grupo operativo Redaporc, e o proxecto multi-actor Roadmap.

Unha alimentación máis sostible
O desenvolvemento de proteínas alimentarias de alta calidade mediante o cultivo sostible de leguminosas foi unha das propostas do grupo operativo Proteinleg para este espazo. Igualmente, estes non foron os únicos aportes alimenticios que se presentaron. Bioproinsect deu a coñecer o seu proxecto piloto en torno aos altos valores nutricionais que teñen os produtos derivados de insectos, sobre todo, a fariña triturada feita a partir destes animais deshidratados.

Pola súa banda, o grupo operativo Maíz Sostenible, dependente de Vertex Energy, fixo fincapé no seu proxecto sobre a mellora intelixente, desde unha perspectiva climática, do cultivo de millo. Ademais, o grupo Tecnogar avanzou as súas novidades en canto a monitorización e mellora do cultivo de garbanzo mediante o uso combinado de sensores e teledetección.

Revalorización de subprodutos e residuos, e conservación da biodiversidade
A necesidade dun modelo de economía circular plasmouse na mesa redonda que reuniu ós grupos operativos Avienergy -co seu proxecto sobre o aproveitamento enerxético das dexeccións do sector avícola-, Orleans -quen presentou unha proposta de envases bioactivos a partir de residuos lácteos-, e Subalma -que explicou a súa proposta de mellora da produtividade a partir do residuo de almazaras-. Dentro deste espazo, tamén se presentou o proxecto Algaterra sobre os novos fertilizantes e bioestimulantes agrícolas elaborados con algas mariñas.

Por outra banda, no apartado de conservación da biodiversidade tiveron cabida diferentes proxectos, tanto de produción resiliente co medio, como a produción de castaño micorrizado (Greencastanea), como outras iniciativas multi-actor que establecen redes de diversos axentes para promover estratexias rendibles de xestión de pragas (Ipmworks), de mellora da biodiversidade do solo (Soildiveragro), ou de innovación no sector resineiro (Resinlab).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información