“As vacas galegas teñen calidade para participar en calquera certame europeo”

Entrevista a Martine Lambot, xuiza internacional do XXIX Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA 2021, celebrado este domingo en Lalín, dentro do certame gandeiro Feiradeza 2021

“As vacas galegas teñen calidade para participar en calquera certame europeo”

A belga Martine Lambot foi a encargada de xulgar os animais participantes no XXIX Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA 2021, celebrado este domingo en Lalín, dentro do certame gandeiro Feiradeza 2021.

Ademáis de xuíza internacional de AWE -participou en 5 harmnonizacións europeas de xuíces e en 2014 foi nomeada xuíza europea- Martine Lambot tamén é gandeira. Na súa granxa familiar, La Ferme de Roncheury, moxen 80 vacas holstein e transforman en iogur, manteiga e xeado unha parte do leite que producen.

Falamos con ela sobre as súas impresións que se leva do concurso Fefriga 2021

¿De onde xorde o teu interese polos concurso gandeiros?
Os meus pais tiñan unha gandería familiar de vacún de leite e participaban en certames gandeiros, polo que é algo polo que fun apaixonándome dende pequeniña.

Ademais, eu o meu marido collimos o relevo na gandería familar: muximos 80 vacas e temos 160 animais en total. Compatibilizo iso co meu traballo como xuíza gandeira internacional, participando en certames tanto en Bélxica como fóra.

É a primeira vez que estás en Galicia. Que che sorprendeu máis do Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA 2021?
A calidade xenética dos animais que participaron no certame e a profesionalidade de todas as persoas que participaron no mesmo. Hai animais que perfectamente poderían participar nun certame europeo.

No caso das vacas e xovencas ganadoras do concurso, que rasgos valoraches máis?
O carácter leiteiro, a finura e a boa conformación tanto do ubre como dos tetos, cunha boa inserción. Ademáis de que tiveran boas patas e boa estructura para lograr animáis o máis lonxevos posibles.

Que che atrae máis do teu traballo como xuíza gandeira?
Sen dúbida a parte de expectáculo, de toda a emoción que transmiten os participantes.

É certo que os gandeiros non acuden a estes certames por unha cuestión soamente económica, senón tamén porque son un lugar de encontro, de compartir experiencias e tamén de compararse e de aprender doutras ganderías. Creo que son eventos moi necesarios.

E xa para rematar, como ves a situación das granxas de vacún de leite en Europa?
O prezo medio do leite en Bélxica está nos 0,34 euros o litro, non é extraordinario. Non é fácil lograr unha rendibilidade con estes prezos e os gandeiros teñen que estar moi motivados para participar no concursos, poñendo diñeiro.

No sector hai un problema de relevo xeneracional, pero sobre todo de modelo polo que se apostou: Apostouse por grandes explotacións, cando, na miña opinión, se debería ter apoiado máis ás pequenas e medianas granxas familiares, con máis beneficios para o conxunto da sociedade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información