As vacas de Xanceda maniféstanse por todas as muUulleres

As vacas de Xanceda maniféstanse por todas as muUulleres

Este ano, debido á pandemia da covid19, ás mulleres seralles máis difícil participar nas manifestacións do 8 de marzo. Por ese motivo non veremos as imaxes de multitudes violetas en avenidas e rúas como outros anos.

Ante esta situación, as vacas de Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica situada en Mesía, decidiron facer algo ao respecto e saíron a manifestarse por todas as muUulleres! E non o fixeron de calquera xeito: ao máis puro estilo granxeiro ataviáronse con pendentes co símbolo da muller e reivindicacións pintadas nos seus lombos.

Unha granxa que loita pola igualdade desde o rural

Non é a primeira vez que esta granxa reivindica a figura da muller rural e a necesidade de igualdade. O ano pasado fixeron o símbolo da muller máis grande segado en herba que se viralizou nas redes sociais.

Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica e iogurtería situada en Mesía que emprega a 50 persoas, nas súa maioría, mulleres. No interior da súa granxa deixárono claro cun mural homenaxe á muller rural nun dos seus cortes, realizado pola artista muralista Nana

Estas iniciativas forman parte da área de Responsabilidade Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda, na que se contempla a difusión de valores que contribúen ao benestar social, como é o caso da igualdade e a visibilización do rural como espazo de progreso. Do mesmo xeito, é unha maneira de rachar tópicos e prexuízos sobre este medio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información