UUAA prepara un plan de información co ISSGA para loitar contra os accidentes de traballo no rural

UUAA prepara un plan de información co ISSGA para loitar contra os accidentes de traballo no rural

O incremento de accidentes de traballo nas explotacións agrarias e gandeiras que se ven rexistrando nos últimos meses está a xerar unha profunda preocupación entre os produtores de Galicia.

Para dar resposta a esta inquietude o secretario de Administración e Área Interna, Javier López e Adela Quinzá, directora do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), celebraron este xoves unha reunión para sentar as bases dun plan de información ao rural sobre a necesidade de aplicar todas as normas de protección á hora de afrontar as labores nas granxas ou nas parcelas. Previo ao compromiso do traballo en  común,  fíxose balanzo da realidade relativa o PRL que se vive nas explotacións.

Este ano 2016 está resultando especialmente negro pola cantidade de accidentes sobre a seguridade e integridade das persoas que traballan en actividades relacionadas co sector primario. Destaca pola súa gravidade os relacionados con tractores e máquinas arrastradas, nos que se multiplica o risco ao sumar condutores de avanzada idade e vehículos con moitos anos de servizo, sen o mantemento adecuado e con poucas medidas de seguridade pasiva.

Os venres é cando máis accidentes se producen con ferramentas de man

No caso das ferramentas de man, o índice de maior incidencia de accidentes dáse curiosamente no venres, día en que os usuarios que usan motoserras ou desbrozadoras, proceden doutros sectores de actividade e non dominan as características e perigo das citadas máquinas. A aplicación de tratamentos químicos na agricultura ou os traballos en adegas supoñen tamén puntos negros nos rexistros de sinistros. Asemade o mundo dos traballos forestais aporta un gran número de vítimas a estatísticas.

Unións Agrarias asegura que porá a súa rede de oficinas a disposición do ISSGA para instalar puntos de información sobre seguridade e habilitará aulas de formación para que se poida reforzar o coñecemento das habilidades e instrumental para ganar en protección á hora de afrontar traballos no campo ou na granxa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información